Mostra Internacional de Teatro de Cangas | Rebeca Montero Actriz de Teatro de Ningures

«A obra pretende transmitir que hai dereito á vida en todas ás idades»

A programación no Auditorio baixa o pano coa obra da compañía local Teatro de Ningures «As gardiás ou o nó do tecelán», onde, a través da comedia, vése a catro mulleres maiores loitando contra a filla dunha delas para evitar que a traslade a unha residencia e poder continuar vivindo xuntas no piso

As actrices de «As gardiás ou o nó do tecelán», entre elas Rebeca Montero (1ª esquerda). |

As actrices de «As gardiás ou o nó do tecelán», entre elas Rebeca Montero (1ª esquerda). | / Diego Seixo

Marta Hernández

Cangas

A decisión de poder envellecer libremente chega hoxe ao Auditorio de Cangas (21 h) coa obra «As gardiás ou o nó do tecelán» de Teatro de Ningures para pechar a XLII Mostra de Teatro de Cangas. Nela preséntanse a catro mulleres maiores (entre as cales está Rosa, interpretada por Rebeca Montero) que loitan por seguir vivindo xuntas cando a filla dunha delas decide enviar á súa nai a unha residencia. O texto orixinal é do autor francés Nasser Djemaï e a súa tradución ao galego foi un dos últimos traballos do mestre e traductor Henrique Hardinguey, finado o pasado 20 de decembro.

Cales son as súas sensacións ao participar neste acto de homenaxe a Henrique Harguindey?

A miña sensación é de emoción, de despedir a un grande da cultura deste país. Alguén que fixo tantísimo por Cangas, por poñer a Cangas no mapa da cultura non só de Galicia, non só dos grandes festivais senón que é tamén un orgullo ir por fóra e falar desta vila e que a xente da cultura a sitúe no mapa, porque estivo no festival ou porque lle falaron del. Dende logo non vai ser unha función máis. Nin para nós dende o escenario e entendo que tampouco para o público. Esperamos que esta representación estea mínimamente á altura da admiraciçon que lle temos a Henrique por todo o feito.

Consideran que a homenaxe deste domigno é a mellor maneira para realiar o broche de ouro da mostra?

Este traballo de Henrique foi nominado este ano aos premios María Casares á mellor tradución e min teríame gustado que llo desen. Non foi posible, pero terían que darllo por todo o que representa Henrique Harguindey. Por todo o que fixo, por todo o seu traballo polo teatro. Este xénero é considerado na literatura como unha arte menor cando probablemente sexa o máis difícil, así que alguén que se adique ao teatro sendo un home de cultura pois xa ten un mérito grandísimo. Estamos moi agradecidas de poder estar neste acto porque sentimos que Henrique Harguindey é un grande na cultura deste país e merece tódalas homenaxes e pode ser un bo broche despedilo nun escenario.

Que valores como sociedade pretenden transmitir ao público?

A obra pretende transmitir que hai dereito á vida en todas ás idades, o dereito a unha forma digna de morrer. Pero tamén representa a unha muller de 40 anos (Vitoria), sobrepasada pola súa vida, de nai traballadora e divorciada, con enfrontamentos e con problemas laboráis. O valor da peza é que está tratada como comedia e a través dela xa o decían os gregos, a catarsis, esa risa fai que todo nos entre moitísimo mellor e empaticemos mellor co que nos están contando. O teatro nunca poder ser un dogma nin unha forma de educar, senón unha cousa moito máis fonda. Son uns cambios que non teñen tanto que ver só co intelecto senón que en todo caso son a través do corpo, da alma, de como nos traspasa a nivel intelectual. É a catarsis, cando o público se emociona non só chorando senón tamén da risa e entra de cheo.

Durante “As gardiás...” podemos ver como Vitoria, filla de Rosa, busca meter a súa nai nunha residencia para vender o piso. Consideran que isto é un eufemismo que empregamos para librarnos dos nosos maiores?

Os nosos maiores están en residencias pero non é unha forma de “librarse” senón unha necesidade e iso é o conta a peza. Somos unha sociedade na que antigamente as mulleres non traballaban e entón quedaban de coidadoras eternas de fillos, nais, sogros ou persoas con dependencias físicas e psíquicas. Hoxe en día, as mulleres traballan, polo cal non hai ninguén que poda coidar das persoas maiores. Non é un eufemismo, é unha realidade. É a maneira que ten esta sociedade de resolver este asunto. Na peza as mulleres maiores xúntanse para coidarse entre elas, que é outra forma de coidado. E entón aparece a desconfianza da sociedade, neste caso personificada pola filla de Rosa, Vitoria, interpretada por Melania Cruz. É unha realidade abocada polo mundo no que vivimos.

Ao igual que ocorre co dereito a poder elixir como envellecer, está también en debate o dereito a morrer dignamente. Estamos construíndo unha sociedade que cada día ignora máis a capacidade de decisión dos nosos maiores?

Eu penso que todo o mundo, como o di o meu personaxe, ten dereito a morrer dignamente tanto sexa de enfermidade terminal coma se non. E tamén a poder decidir se quere morrer na súa casa ou nun hospital. Creo que son cousas que calquera debe ter dereito a decidir, e se algén por razons morais non o fai, que non o faga. Pero penso que as moralidades dos outros non poden interferir nas razóns dos demais. Que cada un pense o que quere facer.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents