Homenaxe a Henrique Harguindey Banet, «tecelán da ética e da estética»

Henrique Harguindey, na alameda de Cangas. |  G. Núñez

Henrique Harguindey, na alameda de Cangas. | G. Núñez

Marta hernández

Cangas

A derradeira función da XLII Mostra de Teatro de Cangas estará precida dunha homenaxe a Henrique Harguindey Banet, finado o pasado mes de decembro. Desde a organización queren lembrar ao catedrático de Francés e tradutor, que foi un dos impulsores da Asociación Cultural Xiria e da Mostra de Teatro de Cangas.

O recoñecemento, baixo o título de «Henrique Harguindey Banet: tecelán da ética e da estética» será no Auditorio ás 21.00 horas, xusto antes da representación de «As gardiás ou o nó do tecelán», un dos seus últimos traballos de tradución do francés ao galego. A Mostra quere lembrar o seu legado nun acto no que participará o seu fillo, Breixo Harguindey Barrio, así como Casilda Alfaro e Salvador del Río como representantes da organización.

Tracking Pixel Contents