Mostra Internacional de Teatro de Cangas | Areta Bolado Actriz da compañía de teatro A Panadaría
«A comedia serve para reivindicar e curar feridas»
A Mostra de Teatro de Cangas recoñece o teatro innovador e de denuncia a través da comedia da compañía A Panadaría. Será coa entrega do Premio Xiria ao Labor Teatral 2025, hoxe ás 22 horas no Auditorio de Cangas

As compoñentes de A Panadaría, sendo Areta Bolado a primeira pola esquerda. / Pilar Abades
Marta Hernández
Por «amasar» un teatro cómico no que cabe a denuncia de temáticas actuais e dos grupos sociais máis oprimidos (mulleres, colectivo LGTBIQ+, sector da limpieza…), a Mostra de Teatro de Cangas concede hoxe o Premio Xiria ao Labor Teatral 2025 á compañía de A Panadaría. Un proxecto composto polas actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que reciben o galardón tras anunciar a finais de maio a través dun comunicado por redes sociais á súa despedida dos escenarios.
-Como recibiron a noticia de que serían galardoadas co Premio Xiria ao Labor Teatral 2025?
-Recibímola con moita sorpresa porque hai tantas artistas ás que recoñecer a súa traxectoria que non era algo que estivera nas nosas expectativas. Para nós as tres sempre foi unha ledicia asistir como espectadoras á Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Así que isto é un agasallo, a guinda a esta ducia de anos traballando xuntas.
-Unha das razóns polas que lles conceden este premio é pola súa priorización dos equipos íntegros de mulleres. Dende os seus inicios no ano 2013, consideran que houbo un cambio na presenza femenina nos postos directivos e técnicos das compañías?
-Comezamos a ver cambios. Mais os datos traen moita luz, a falta de paridade e diversidade é un feito, así que sabemos que as medidas tomadas por institucións, festivais e compañías aínda precisan máis intención. Parece que nas fichas artísticas gañamos algo de espazo, pero a fenda de xénero nas áreas máis técnicas é escandalosa.
-Por que consideran relevante o uso do teatro cómico para denunciar as situacións dos colectivos máis oprimidos ?
-A comedia permítenos tratar a realidade desde moitas ópticas, realizar unha estilización e un proceso de relectura e reflexión atravesado polo pracer. A comedia e o humor poden servir para reivindicar e, ao tempo, para curar feridas e tirar abaixo trincheiras. Nestes tempos non é pouca cousa.
-Tras doce anos, nun comunicado por redes sociais, anunciaron que se separan como compañía teatral. Que leccións no mundo dramático dirían que se levan despois de tanto tempo?
-O teatro é arte colectiva e de aí saíron as grandes aprendizaxes da nosa traxectoria, de escoitar e aprender das outras, de non pelexar tanto polo propio e deixar brillar ás compañeiras, de incorporar os coidados aos procesos. A creación colectiva é máis lenta e quedan cousas polo camiño, pero o resultado fala de todas.
-Senten que lles quedou algún logro como compañía?
-Somos moi afortunadas, vemos cara atrás e despedímonos con ledicia e serenidade, sentíndonos moi afortunadas. Nada falta.
-Coa obra “As que limpan” están levando a cabo unha xira de despedida. Existe un feedback diferente por parte do público que o que sería da xira noutras circunstancias?
-A recepción de «As que limpan» está a ser tan marabillosa dende o comezo que non che sabería dicir se a reacción e o afecto do público ten que ver co espectáculo ou coa nosa despedida. Por sorte, sentimos moito afecto e moito recoñecemento por parte da xente e esperamos ter correspondido na mesma medida.
Suscríbete para seguir leyendo
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul
- Herido grave un ciclista tras ser arrollado por un coche en el centro de Cangas
- La jueza archiva las actuaciones contra el concejal de Cangas Eugenio González, denunciado por tramitación de un vado
- Un pesquero de Cangas embarranca en Melide y sus tripulantes salen ilesos
- Moaña lanza una OPE con 28 puestos y amplía plantilla por primera vez desde 2012
- El Sergas alega que el PAC moañés es más eficaz en Cangas y reconoce que su cierre no fue provisional
- Cuatro noches de música en unas Festas do Carme con los fuegos aún en el aire
- ¡Felices 97, Josefa!