Mostra internacional de Teatro de Cangas | Machi Salgado Actor e produtor

«As problemáticas de Chékjov seguen tan vixentes como hai 126 anos»

O intérprete revisa e interpreta ás seis personaxes de «Tío Vania», do autor ruso

O actor Machi Salgado

O actor Machi Salgado / Diego Seixo

Marta Hernández

Cangas

No último venres da Mostra preséntase a obra «O espírito de Vania» do actor Machi Salgado (1975, As Neves) na que reinterpreta un clásico ruso, «Tío Vania». A representación terá lugar na sala de exposicións do Auditorio municipal ás 20.00 horas.

-Na súa actuación encarna ás seis personaxes que a conforman. Como afronta o reto de ser máis dunha persoa?

-Coa maior honestidade e respeto do que son capaz; uso a miña experiencia de persoas reais que teñen características dos personaxes e o meu xeito de entender o expresar os conflictos que teñen. Para diferencialos hai unha composición física e vocal á que se lle engade un obxecto ou lugar característico.

-Como xorde a idea de realizar esta reinterpretación de Antón Chékjov?

-Unha conexión cos problemas existenciais sobre todo do Tío Vania, quen cae na conta de que empregou media vida a traballar polo sono de outro e se atopa baleiro cando descobre que “foi enganado”. Pero simplemente non se atreveu a facer o que desexaba.

-Con esta reinterpretación de “Tío Vania”, busca levar o relato aos tempos actuais tratando temas como a crise dun sistema que se acaba, o feminismo, as desigualdades sociais ou a precariedade. A trascendencia a través do tempo destas temáticas facilita a reinterpretación ou a dificulta?

-Esas temáticas e problemáticas seguen tan vixentes como hai 126 anos que ten a peza: crise existencial do ser humano, destrucción da natureza e falta de conexión con ela, alcoholismo como xeito de evadir a realidade….

-Por que apostou pola música en directo para a obra?

-Para contribuír ao claridade expresiva, para crear en directo atmósferas, servir ao propio Rubén Abad como unha personaxe (Teleguin) silente, que só escoita, crea leitmotivos dos personaxes. Foi un acerto total.

-En “O espírito de Vania” busca que tanto a parte cómica como a dramática se mesturen para tratar a monotonía e a desesperanza. Como se leva a cabo a relación entre dous términos antagónicos como poden ser a comedia e a desesperanza?

-Se a traxedia se toma moi en serio resulta patética e polo tanto cómica. Os personaxes son contradictorios: teñen uns ideais pero actúan do xeito oposto ao que queren ou din. Polo tanto son infelices e moi cómicos.

-Na súa traxectoria, tamén estivo en películas e series. Considera que “O espírito de Vania” pode trasladarse a outros ámbitos do audiovisual?

-Non. Coido que é só xogo teatral e para ser representado en espazos de todo tipo: teatros, auditorios, casas da cultura, institutos...

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents