Entrevista | Mercedes Peón Cantareira e tocadora
«Estou co humilde, co subalterno e por iso decido ser muller e pandereteira»
A XLII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ergue mañán o pano e o primeiro acto desta nova edición será a entrega do Premio Mulleres en Acción, que nesta ocasión recae na cantante e pandereteira Mercedes Peón

Mercedes Peón, durante un concerto, recolle mañán o Premio Mulleres en Acción. / Carlos Pardellas
A Mostra de Teatro de Cangas leva máis de dúas décadas aplicando a paridade de xénero na súa programación e dentro da súa programación destaca a concesión do Premio Mulleres en Acción, que cumpre 25 anos.
Este ano, no que a Real Academia Galega decidiu adicar o Día das Letras Galegas ás cantareira e pandereteiras, a Mostra entrega o seu Premio Mulleres en Acción a unha artista que é un verdadeiro faro dentro da música galega: Mercedes Peón, que recollerá o galardón mañán domingo ás 21.00 horas no Auditorio de Cangas dentro do acto de apertura da Mostra.
—Como recibe para vostede a concesión deste premio Mulleres en Acción?
Este recoñecemento por parte da Mostra de Teatro de Cangas é unha gran honra.
—Que mensaxe quere aproveitar para trasladar desde as táboas da Mostra de Teatro de Cangas?.
Sobre todo unha mensaxe de fondo agradecemento.
—Coido que o momento escollido non é casual, xusto no ano no que o Día das Letras Galegas adícase a esa rica a tradición oral das cantareiras e pandereteiras. Ese recoñecemento por parte da Real Academia Galega, cre que axudou de maneira efectiva a visibilizar e poñer no lugar que merecen a todas esas mulleres que contribuíron a manter viva esta tradición tan nosa?
Claro que si, pero o máis efectivo é a existencia das tocadoras.
—Antes que vostede xa pasaron polo escenario da Mostra de Cangas a recoller este mesmo premio Tanxugueiras. Que está a supoñer para a música e tradición galega o impacto de Tanxugueiras?
Eu amo ás Tanxugueiras. Creo que foron un gran impacto para a sociedade galega e a tradición foi un gran impacto para elas.
—A súa presencia nesta edición da Mostra vai máis alá da recollida do Premio Mulleres en Acción. O martes estará na presentación do libro “Somos pandereteiras”. Un título que sona a declaración de intencións e, sobre todo, de liberdade.
Hai catro anos, ao final do confinamento, pensando na falla de relación entre as persoas, comecei a reflexionar que era unha mágoa non poder transmitir algo tan incrible e necesario como o transo en colectividade, a sororidade entre tocadoras etc. A partir de aí, tras moitas reflexións propúxose un encontro que se realizou a finais do 2021 e que tornou na formación da asociación « Somos Pandeireteiras».
—Como foi ese proceso?
Foi unha labor complexa en colaboración das asociacións Raigañas de Bergantiños, Rosalía de Castro de Padrón e Airiños de Fene, a través dunha subvención da deputación da Coruña e a axuda inestimable de Natalia Balseiro. Durante un ano reunímonos online, fixemos accións didácticas e rematamos cun encontro en Carballo de Bergantiños, lugar do epicentro das tocadoras desa zona. A proposta era traballar ao redor de catro mesas onde Susana Sanchez Aríns, María Reimóndez, Ana Romaní e Andrea Nunes narraran o que alí aconteceu. Así fixose o libro «Somos Pandeireteiras» feito polas nosas poetas, coa forza da palabra de todas, as narradoras, as 100 tocadoras que participaron, e Carme do Manso e Hermitas de Cambre de Bergantiños da nosa tradición oral. Selina Otero, tocadora e xornalista, transcribiu maxistralmente a entrevista con todos os trazos dialectais de cada persoa. O libro fíxose no 2021 pero non se publicou ata este ano 2025.
—Teñen plantexadas novas accións?
No 2023 fixemos a asociación «Somos Pandeireteiras» para seguir creando espazos de encontro onde as pandeireteiras son o centro e toman a palabra como suxeitos de enunciación. Este ano celebramos o segundo encontro no Auditorio de Compostela dende a afirmación «As tocadoras transmisoras da língua galega” e faremos unha nova publicación para o 2026.
—E despois disto aínda teremos o espectáculo “Osmose”, que define como unha peza híbrida entre o musical, o audiovisual e a “performance” e co que pretende facer un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas.
«Osmose» efectivamente é unha peza de pensamento, un ensaio de pensamento escénico. Pero se algo é, teriamos que dicir que é preciosa, emocionante, vibrante e tecnicamente complexa. O tratamento sonoro inmersivo 5.1, a arquitectura lumínica diseñada e executada en escena por Laura Iturralde, o tratamento visual con partes de creacións de animación de Peque Varela, todo iso conforma esta peza. Ah! Esquencíame de min, que tamén estou en escena [risos], con certas complexidades musico electrónicas. A verdade que dende o domingo ata o xoves estarei pola terras do Morrazo disfrutando da Mostra Internacional e sentíndome totalmete agasallada e tamén con moito traballo [risos].
—Non sei se é unha consecuencia da mentalidade de producción e consumo do capitalismo, pero existe esa esa expresión de “ser un país de pandeireta”, cunha evidente connotación negativa.
Eu sempre pensei ou lin nalgún momento esa expresión referida a España e en castelán. De tódolos xeitos eu estou co humilde, co subalterno e por iso «eu decido ser muller e pandeireteira».
Suscríbete para seguir leyendo
- Moaña lanza una OPE con 28 puestos y amplía plantilla por primera vez desde 2012
- PP y AV denuncian el muro de ensanche de Longán por incumplir la normativa y culpan al Concello
- El urbanismo de Moaña marca un nuevo hito al convertir un local en cuatro pisos
- Cuatro noches de música en unas Festas do Carme con los fuegos aún en el aire
- El Sergas alega que el PAC moañés es más eficaz en Cangas y reconoce que su cierre no fue provisional
- Una gaviota narcisista en la isla de Ons
- Las atracciones en Bueu superan el examen técnico y comienzan las fiestas del Carmen
- Lugrís se muda a su nueva casa