Moaña iza a bandeira Castelao da galeguidade na Praza do Concello
Cumpre o acordo plenario de actividades no ano Castelao | «Coroa a praza de orgullo»

Izado da bandeira coa imaxe de Castelao ó fondo. | S.Á.
Moaña izou onte a bandeira galega -branca coa banda diagonal en azul- no mastil da Praza do Concello, que antes acollía a insignia verde, cumprindo cun acordo plenario, de novembro de 2024, para a realización de actos no ano Castelao, na honra a figura do galegusita e ensayista e dramaturgo,neste 2025.
O acto, celebrado as 13:00 horas, consistiu nunha intervención musical con Tino Baz, a lectura de fragmentos de textos de Castelao por parte de Iria Collazo, Luis Chapela, Pedro Pablo Riobó e Lucía Durán e tamén unha intervención gráfica da man do artista Roberto Brañas sobre a cara de Castelao con diferentes rostros do galeguista. Ao seu término, a alcadesa, Leticia Santos, acompanada da edila da Memoria Histórica, María Ortega, e do tenente de alcalde, Daniel Costas, entre outros ediles de goberno e coa presenza entre o público do concelleiro do PSOE, Mario Rodríguez, coa ausencia do PP, encargouse do izado e se cantou o himno galego co gaiteiro da Escola de Música Tradicioonal, Manuel Carballo.

Intervención de Brañas. / Fdv
Leticia Santos sinalou que para o Concello este acto é unha honra: « Hoxe celebramos a galeguidade e a figura de Castelao como gran patriota galego, que deu a cara polo pais para defender ás persoas máis humildes, por conquerir dereitos dos que hoxe nos beneficiamos todos e todas e esperamos que esos dereitos non recúen, temos que estar atentos para non perdelos».

Público no acto. / Fdv
Emocionada dixo que a praza engalánase cunha gran bandeira galega que celebra «o que somos, unha vila mariñeira orgullosa do seu pasado, do seu presente e que traballa no seu porvir. Presumamos da nosa idiosincrasia, presumamos dela, da nosa fala e da nosa cultura porque é o mellor legado para as xeracións vindeiras». Insistiou en que a bandeira corona a praza do Concello de honra, orgullo, de pertenza a un pobo loitador, traballador, humilde e que se da xustiza as persoas que deron a vida por defender a democracia, o dereito de Galiza de existir como nazón: «Plantamos a galeguidade no noso xardín máis fermoso».
- «Para salir de Menduíña hay que recorrer media provincia»
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Un niño recibe atención hospitalaria por bolas de caucho del kenyata en un oído
- La jueza archiva las actuaciones contra el concejal de Cangas Eugenio González, denunciado por tramitación de un vado
- Rescatados tres marineros en Cangas después de que su barco encallase
- El vallado de cunetas en Pinténs evita atascos de coches y el Concello lo implantará en más zonas
- Un manifiesto contra el «postureo»