«Coiro, agro e cultura», nova ruta por Cangas
Será o domingo día 22 para iniciar o programa «Verán en Ruta 25» do Concello e A Illa dos Ratos

Artífices da nova ruta por Coiro, onte en Rodeira xunto a unha escultura de Henrique Prado. | G.N.
«As terras de Coiro, agro e cultura» é a principal novidade no Verán en Ruta 25, o programa de visitas guiadas e gratuítas por Cangas que organiza a asociación A Illa dos Ratos co patrocinio do Concello e a colaboración de distintos colectivos e establecementos comerciais do municipio. A nova ruta, que se estrea o vindeiro domingo día 22, partirá ás 10.30 horas (previsiblemente do muíño de Fausto) e permitirá coñecer a cultura e tradicións da parroquia, así como o traballo do artista Henrique Prado e da agricultora Cristina Ambel que desde hai anos cultiva de forma ecolóxica distintas variedades vexetais na finca «O Verxel».
Os promotores desta iniciativa auguran que terá unha forte demanda, e lembran que para reservar praza é necesario inscribirse previamente por whatssap no número 611 080 853. Tamén para acudir ás outras rutas da programación para este verán, repartidas en 13 datas. As seguintes serán «Aldán, un condado á beira do mar» (sábado 28 de xuño) e, xa en xullo, «Cabo Home, camiño dos faros» (sábado 12), «As esculturas de Cangas» (sábado 19), «Cangas e o mar» (venres 25) e «Massó, o sentir dun pobo» (domingo 27). Todas elas partirán ás 10.30 horas dos lugares sinalados.
Para o mes de agosto están programadas «Rúas con historia» (sábado 2), «Massó, o sentir dun pobo» (venres 8, ás 20.00 horas), «Intermareal, mar á vista! (domingo 10), «Cabo Home, camiño dos faros» (domingo 17), «Cangas 1617, a defensa da vila» (venres 22, ás 20.00 horas) e «Cangas na República» (sábado 30). En setembro hai programada a ruta «Massó, o sentir dun pobo», o venres día 5 ás 20.00 horas.
O cartel de Verán en Ruta 25 foi presentado onte pola alcaldesa, Araceli Gestido, o concelleiro de Turismo, Noël Malvido, e Óscar Rodríguez, representante de A Illa dos Ratos. Tamén participaron Cristina Ambel, responsable da horta ecolóxica O Verxel, no Xistro, e o escultor Henrique Prado, que mostrarán as súas tarefas aos participantes na primeira ruta «As terras de Coiro, agro e cultura».
- Incredulidad en Lapamán: hace un asado en la playa y pone en jaque la bandera azul
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Herido grave un ciclista tras ser arrollado por un coche en el centro de Cangas
- La jueza archiva las actuaciones contra el concejal de Cangas Eugenio González, denunciado por tramitación de un vado
- Un pesquero de Cangas embarranca en Melide y sus tripulantes salen ilesos
- ¡Felices 97, Josefa!
- El Sergas alega que el PAC moañés es más eficaz en Cangas y reconoce que su cierre no fue provisional
- Marín recibe a las bodegas de la IXP Ribeiras do Morrazo