«Todo é poesía», de Héitor Mera, hoxe na Casa da Xuventude

REDACCIÓN

Cangas

O libro «Todo é poesía salvo algunha cousa», unha escolma do labor crítico de Héitor Mera no FARO da Cultura, preséntase esta tarde (20.00 horas) na Casa da Cultura de Cangas. No acto participará o autor, acompañado por Calros Solla. Héitor Mera, profesor de Lingua e Literatura no ensino secundario, exerce un labor crítico «con sinceridade e valentía», e as súas aportacións no FARO son «rogorosas, centradas no texto e non en cuestións externas», sinalan os editores.

Tracking Pixel Contents