Medio século do CEIP do Hío

Cincuenta cursos escolares cumpre o CEIP do Hío, que remata este inmerso nas celebracións polo seu primeiro medio século de vida. O festival de onte encheu toda a xornada de actividades, da mañá á noite, con homenaxes, exposicións, teatro ou música.

Disfrutando dunha xornada solleira. |  FdV

Disfrutando dunha xornada solleira. | FdV

G.M.P.

Cangas

Xa leva todo o curso escolar celebrando os 50, con iniciativas diversas como charlas ou mercadillos que convidaron a levar para a casa libros, roupa e outras cousas merecedoras dunha segunda vida. Pero a oferta de actividades apreta en pleno mes de xuño, porque o CEIP do Hío non quere deixar sen conmemorar esta efeméride.

O programa de actos de onte comezou coa homenaxe a Carmiña Pérez e Lito. |  G. Núñez

O programa de actos de onte comezou coa homenaxe a Carmiña Pérez e Lito. | G. Núñez

A programación de onte comezou ás 11:00 horas coa inauguración da exposición conmemorativa, o saúdo da directora e a homenaxe que se lle brindou a Carmiña Pérez e a «Lito», previa actuación de bandas de gaitas e de baile. A mediodía colleu o relevo a coral «Queixumes» do Hío, seguida de Mediarea e de teatro con «Menda e Lerenda». Arredor das 14 horas comezou un xantar de convivencia no que compartiron mesa membros da comunidade escolar e tamén políticos municipais, entre eles a alcaldesa, Araceli Gestido, e as concelleiras Sagrario Martínez, Aurora Prieto (mesmo actuou como actriz) e Antón Iglesias, estes dous veciños da parroquia.

Unha das actuacións baixo a carpa. |  FdV

Unha das actuacións baixo a carpa. | FdV

A sobremesa baixo a carpa foi amenizada polas pandereteiras do propio colexio e logo regresou o teatro de «Menda e Lerenda» por partida dobre, cun respiro intermedio para «Tres pés para un banco». E a media tarde actuou o coro escolar, houbo unha exhibición de actividades extraescolares, como patinaxe e baile e tomaron o relevo Airiños da Cova do Pirata, Interestelares, Os Isleños, Manle, The Resacas e Vilariño Tolo. Unha selección de grupos locais para despedir a romaría, xa ben entrada a noite, nunha xornada solleira para disfrutar, lembrar e abrir o prazo para a vindeira celebración de altura: a do centenario do Ceip do Hío, cando pasen outros 50 anos.

Tracking Pixel Contents