AV denuncia o abandono do cemiterio urbano de Cangas

«Un espazo cargado de historia, con esculturas, panteóns e elementos protexidos cae en anacos»

Imaxe exterior do cemiterio «histórico» de Cangas. |  G.N.

Imaxe exterior do cemiterio «histórico» de Cangas. | G.N.

G.M.P.

Cangas

«O cemiterio histórico de Cangas, un símbolo abandonado no corazón da vila», titula Alternativa dos Veciños (AV) para ilustrar o estado de abandono e deterioro que sofre o cemiterio municipal situado no centro da vila. «Un espazo cargado de historia, que alberga esculturas, panteóns e elementos protexidos está a caer aos anacos, e a súa imaxe actual lembra máis a unha escena de película de terror que a un lugar de respecto e memoria», lamenta a formación que lidera a exalcaldesa Victoria Portas, e critica «os muros caídos, a vexetación sen control, a falta de limpeza e a degradación das obras escultóricas poñen en perigo un espazo único».

Tracking Pixel Contents