López e Gestido asinan o convenio para O Gatañal con fondos provinciais
O investimento da Deputación en Cangas para este pavillón deportivo acada 1,11 millóns de euros

Luis López e Araceli Gestido, onte tras firmar o convenio. | FdV
G.M.P.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, asinaron onte o convenio de colaboración para rehabilitar o pavillón municipal de O Gatañal. A actuación acada 1,1 millóns de euros e finánciase co Plan Extra de investimentos da institución provincial entre os concellos de menos de 50.000 habitantes para executar proxectos estratéxicos.
No Pazo provincial, Luis López e Araceli Gestido selaron un acordo a través do cal a Deputación financia o 100% dun proxecto valorado en máis de 1,11 millóns cunha achega de 820.600 a través do Plan Extra e co aporte de 295.400 euros para cubrir a parte correspondente do Concello de Cangas a través do Plan +Provincia, polo que non hai desembolso municipal.
O obxectivo principal do proxecto pasa pola adecuación do edificio mediante unha renovación integral dos acabados seguindo criterios de eficiencia enerxética. É prioritaria a mellora de toda a envolvente, das fachadas e da cuberta, así como outras actuacións en materia de sustentabilidade, accesibilidade e habitabilidade. O pavillón municipal foi construído con sistemas de edificación moi económicos pero enerxeticamente deficientes. Ao tratarse dun inmoble levantado con bloque de cemento sen revestir, son apreciables os efectos da humidade, condensación e filtracións na cuberta, que serán arranxados con esta intervención integral financiada polo organismo provincial.
Cangas ten previsto recibir este ano da Deputación 2,26 millóns do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
- Tres millones de litros de agua inundan el bajo del Edificio Salitre de Moaña
- Hospitalizado un motorista tras impactar contra un todoterreno en Darbo
- Cangas festeja la peatonalización urbana que «pon as persoas no centro e invita a vivir e convivir»
- El Fuego Fest reúne a miles de personas en Moaña
- El arte efímero del Corpus conquista calles y asfalto de Bueu con más 50 de alfombras
- Un recorrido histórico por el Corpus de Bueu
- La comarca afronta un San Juan sin hogueras en las playas de Bueu y Moaña
- Un patio para la «abuela» de todos los niños de Tirán