A arte «póstuma» de Modesta Pena chega ao pleno

O pleno da corporación que se celebra hoxe en Moaña debaterá unha moción do BNG para darlle un recoñecemento oficial á histórica pandereteira da vila, co gallo do recente Día das Letras Galegas.

Charla recente sobre a pandereteira.

Charla recente sobre a pandereteira. / FdV

Moaña

Os concelleiros do pleno de Moaña pronunciaránse, na sesión plenaria desta tarde, sobre a petición do BNG, a través dunha moción, para facer un recoñecemento oficial a todas as cantereiras de Moaña, nomeadamente a dona Modesta Pena Paredes, a grande cantareira de raíz da historia da vila. Trátase de recoñecerlle, a título póstumo, a súa contribución «á transmisión da cultura popular oral do noso pobo». A moción pide facer extensible esta homeaxe a todas as cantereiras galegas «pola súa importancia na transmisión oral da cultura do noso país».

A arte «póstuma» de Modesta Pena chega ao pleno

Imaxe de Modesta Pena. / FdV

A iniciativa chega a pleno co gallo da recente celebración do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado ás cantereiras e ás figuras clave da tradición oral da cultura propia.

Para os nacionalistas Modesta Pena Paredes foi a grande «cantareira de raíz» de Moaña e co paso dos anos «foi transmitindo boa parte do seu saber a persoas recolledoras do canto e pandeireta. Un dos que estudou a sabedoría de Modesta foi o mestre gaiteiro de Moaña en excedencia, Xavier Blanco, que contribúe a manter a tradición oral ao longo dos anos.

A intención da moción pasa por que os veciños non se esquezan «das que sostiveron e continuaron co necesario traballo de conservación e divulgación, preservando parte do noso patrimonio cultural, social e mesmo histórico e que, en conxunto, conforman tamén a identidade do pobo». De feito, na propia Semana das Letras, Xavier Blanco protagonizou unha charla musicada sobre a historia de Modesta Pena.

A moción será defendida pola concelleira de Cultura, Coral Ríos, quen fará fincapé no feito de que as mulleres «foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da nosa cultura e lingua» e definirá ás pandereterias como «símbolo de resistencia», pois «fornecían coa súa transmisión popular oral os vencellos comunitarios no ocio colectivo, inconscientes, probablemente, da súa forza emocional».

Lamenta, o texto do BNG, que nas primeiras recollas se puxera de relevo a figura do gaiteiro «mentres que as pandereteiras tocaban no espazo privado», o que ao seu xuízo estaba relacionado «co papel asignado ás mulleres.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents