Os Bolechas coñecen Bueu
Cultura e editorial Bolanda traballan nunha historia sobre o patrimonio natural e cultural da vila

Un espectáculo de Os Bolechas en Pontevedra. | Rafa Vázquez
REDACCIÓN
As aventuras dos Bolechas chegarán proximamente a Bueu. Esta popular familia, máis o seu can Chispa, protagonizarán un novo libro que estará ambientado na vila bueuesa e que servirá para poñer en valor o seu patrimonio cultural e natural. A edición do libro será posible grazas a una subvención dentro da área de normalización lingüística da Deputación de Pontevedra, que vén de aprobar 3.483 euros. A maiores, o Concello de Bueu ten solicitada outra axuda diante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para completar o orzamento desta publicación.
A iniciativa corresponde á Concellería de Cultura de Bueu, que xa está en contacto coa editorial Bolanda, que se encarga de publicar as historias creadas e ilustradas por Pepe Carreiro. «O obxectivo é dinamizar e fomentar o uso do galego entre os máis novos e por iso apostamos por unha publicación dos Bolechas ambientada en Bueu», explica a concelleira Carmen García.
Esa historia, cuxo guion se abordará nas seguintes fases, servirá tamén para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural co que conta o Concello de Bueu, con especial atención á cultura mariñeira. Así, a bo seguro un dos escenarios que seguro que non faltará será o antigo estaleiro de Purro, na Banda do Río.
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- De pintor a estudiante con 46 años y matrícula de honor
- Ana María Corbal, de monja en Cangas a seglar
- Adquieren dos viviendas frente a Lidl y junto al desarrollo de Vilela para un Burger
- Herida por atropello una mujer de 68 años en un paso de peatones en Moaña
- La villa empieza a vestirse de medieval para Moaña Antiqua
- Cangas presenta en Europa el registro de solares de Cangas y el proyecto Nazaret
- Un ansiado proyecto para Bueu: una senda peatonal conectará Lapamán y el centro urbano