Día das Letras Galegas/ Actividades en Cangas

O soñador de bosques que crea libros con madeiras

O Espazo Agustín Bastón, no aserradeiro familiar de Maderas Soage, na avenida de Ourense en Cangas, inaugura hoxe a décima edición da exposición da Biblioteca das Madeiras do Mundo, con 265 pezas ou «libros» en madeiras descachadas que él prepara para que artistas e xente que vive o arte as interveñan

Agustín Bastón, Ramón Eiras e Manuel Lorenzo ante a peza coa oficina en miniatura.

Agustín Bastón, Ramón Eiras e Manuel Lorenzo ante a peza coa oficina en miniatura. / Fdv

Cangas

Agustín Bastón (Cangas, 1961) naceu no medio do serrín e é verídico que leva resina na sangue. Este soñador de bosques criouse entre as madeiras do aserradeiro familiar da Avenida de Ourense, en pleno casco urbán e o único que queda dos catro que tiña Cangas. Continuou a vocación do seu avó e do seu pai, como tamén o nome de Agustín que persiste na saga familiar, pero elevou o negocio de serrar madeira a facer tamén arte e crear o seu “Espazo Agustín Bastón”. Ademáis de mobles ecolóxicos, neste espazo, xunto ao aserradeiro, hai todo un bosque “encantado”. Fai unha década puxo en marcha a Biblioteca das Madeiras do Mundo, unha iniciativa moi singular na que recolle madeiras de todo o mundo que topa naturalizadas e trocea nas súas rutas de senderismo polos bosques locais, nos seus viaxes —agora xa con serrucho— ou que lle fan chegar, e prepara, a pequeno tamaño, para que artistas e persoas que sinten o arte, as interveñan en forma de “libros” desa Biblioteca.

A man de Cristina Coelho na exposición.  |  FdV

A man de Cristina Coelho na exposición. / Fdv

Hoxe, coma sempre no Día das Letras Galegas, inaugura ás 11:30, a décima edición da exposición de súa Biblioteca, que estará aberta hasta o 15 de xuño, con 265 “libros” dos que unha veintena son novas pezas. Por primeira vez e dado o volumen de exemplares, a exposición ocupa tamén na planta superior do espazo.

Bastón coa peza máis 
antiga «Aliso».

Bastón coa peza máis antiga «Aliso».

“Tanto el discurso como el silencio trasgreden”, reza o “haiku” do artista cordobés afincado en Salceda de Caselas, Jacinto Lara, na madeira do arbusto “Galán de noche” que interviño para esta exposición. É unha das novas pezas coma tamén a do pontevedrés e veciño de Vilaboa Miguel Lorenzo e acoruñesa e veciña de Pontevedra Ana Seoane nunha «polisemia entre a obra física e literaria» na que, nun pino pinaster, recrea un escritorio en miniatura cun texto sobre a oficina temporal: «Unha vez advertido/ o turbador burato deixado na trama/ a editorial acordou/ instalar unha oficina/con carácter temporal/na propia obra, a fin / de afrontar con urxencia a súa reparación».

Peza en xaponés 
na planta alta.

Peza en xaponés na planta alta. / Fdv

Xunto a esta peza, Ramón Eiras, de Pontevedra, expón en cerezo criollo o seu «O lume aceso». Son algunhas das últimas incorporacións a Biblioteca das madeiras do Mundo na que Bastón conserva e exhibe a peza más antiga intervida en 2013 «Aliso» para a primeira exposición de 2015. Foi feita polo arquitecto Manuel Pena nun amieiro, o mesmo que tamén interviño unha folla de palmeira sudamericana de nome «Cunningghamiana» que adorna no teito.

Bastón co serrucho, regalado polos seus amigos, para trocear as madeira.

Bastón co serrucho, regalado polos seus amigos, para trocear as madeira. / Fdv

Hay pezas novas de Gloria Vidal (farmacéutica) nunha madeira de Cumarú; de Paula Pérez de Mendiguren (mestra) nun Stemocarpus Sinuatus; da pintora lusa Cristina Coelho nun Ilex permyi que é a máis pequena nas novas e que representa unha man con pegadas dixitais e unhas ; do escultor Francisco Remiseiro, nun Leptospermum scoparium; de María Luisa López Arias, nun Codeso; do artista luso Blemiro Belem, en Protea ymaroides; de Alicia Foster, de Estados Unidos; do propio anfitrión nunha metáfora da biopolítica; de Tania Ulloa, Goretti Medón, Belinda Besada, Manuel Chapela; Gil Ramos, Eva Garea, do músico Ernesto Campos; da mestra e escritora Amma R. Figueiredo, Alba Rodríguez ou de Loli Juncal cunha alegría ás cadeas do pensamento.

Cadeas de Loli Juncal.

Cadeas de Loli Juncal. / Fdv

Entre as novas, conviven orixinais pezas doutros anos coma a do artista japonés Mooto nun ciprés de Sammara do Campus de Vigo ou a máis pequena, de 6,5 cm nunha porción de guayacán dun cojinete que sostiña unha hélice, intervida polo propio Bastón.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents