Día das Letras Galegas | David Gesteira Historiador e autor do libro "A historia de Galicia en 30 obxectos"
«Necesitamos novos métodos para divulgar a historia»
O historiador estará hoxe na Romaría das Letras Galegas de Bon e presentará un orixinal libro de carácter histórico

O historiador David Gesteira, que estará hoxe en Bueu, nunha presentación de "A historia de Galicia en 30 obxectos". / Aigi Boga
O adro de Sanamedio, no lugar de Bon, acolle hoxe a XXIV Romaría das Letras Galegas. Unha xornada chea de actividades que comezará ás 12.00 h cun festival folclórico con grupos de Bueu e na que se anima a quedar a xente todo o día neste fermoso entorno, no que haberá unha cantina con bebida e comida para axudar a costear ao grupo Novos Ventos a súa viaxe a Alemaña o vindeiro mes de outubro. A programación incluirá a presentación do libro «A historia de Galicia en 30 obxectos», do historiador David Gesteira e invitado pola libraría Miranda. Un acto que está previsto para ás 18.30 horas.
-Libros de historia hai moitos, pero que libros que aspiren a contar unha parte da historia a través de obxectos cotiás non hai moitos. Como se plantexou esta orixinal historia de Galicia?
-Pois foi un traballo conxunto co editor de Aira, César Lorenzo. Consideramos que podía ser de interese xeral. Ademais inspireime no catálogo de Galicia Cen, do Consello da Cultura Galega para incluír algúns dos obxectos.
-Nesa relación de obxectos seica hai unha campá, un reloxo, un carro ou unha moeda. Así ata 30. Pero supoño que o conxunto de obxectos “candidatos” a entrar nese listado sería moito máis amplo. Como a reduciu a 30 e por que precisamente 30 obxectos?
-A verdade é que escollemos 30 polo formato que lle queriamos dar ao libro. E si, nun principio tiñamos máis de 50, pero se buscabamos un libro dinámico non podían ser tantos. Entón quedamos cos máis importantes.
-De que forma nos contan eses obxectos a historia galega?
-Pois coa escusa dun obxecto, por exemplo o alquerque que era un xogo de “taboleiro” medieval pois falo de como na Idade Media ademais de guerras a xente tamén se divertía, ou de como estaban vistas as mulleres nos lugares de xogos.
-Hai algún tipo de acotación ou marco temporal para abordar o contido desta historia de Galicia?
-Intentamos coller obxectos de todas as épocas. Dalgunha hai máis que doutras, pero é normal.

David Gesteira noutro acto ao redor do libro "A historia de Galicia en 30 obxectos" / Aigi Boga
-Vostede é historiador. Entendo que o obxectivo do libro non é tanto un manual ao uso, senón unha forma amena ao tempo que rigorosa de divulgar a nosa historia.
-Exacto. Ao final a historia está moi ben investigada pero o que necesitamos e atopar novos métodos de divulgación, porque a historia se a fai o pobo é para o pobo…
Tendemos a pensar que calquer momento pasado foi mellor e que na actualidade todo está convulso. E hai que manter a calma e a paciencia. Non creo que sexa a fin do mundo. Ademais, de ser o fin da nosa civilización (como a algún lle gusta pensar) é algo normal. Nada é eterno e a vida ten ciclos
-Creo que o libro acaba de ser publicado e esta de Bueu, despois da presentación na súa Cañiza natal, é unha das primeiras presentacións públicas. Ademais vai ser nunha romaría das Letras Galegas e nun lugar que forma parte da historia da literatura galega.
-Efectivamente. O 8 de maio foi a primeira presentación na Cañiza e quedei moi contento. A xente díxome cousas impresionantes e decateime que a historia en maior ou menor medida nos incumbe a todos e todas. E agora Bueu, por convite de Fernando Miranda e o Concello. Estou moi agradecido!
Un obxecto para explicar este momento da historia? O móbil e as redes sociais. A día de hoxe son imprescindibles. A min non me gustan moito pero son un hipócrita senón digo que me axudan a divulgar a nosa historia. Ten as súas cousas boas e malas. Como di algún por aí, e algo de razón ten, a culpa non é da tecnoloxía, senón máis ben nosa porque lle damos usos escuros.
-Amais dirixe un proxecto de divulgación histórica titulado “Descifrando a historia”, que combina un podcast de entrevistas e uso de redes sociais. Falando dun xeito máis amplo, hai momentos como o actual nos que a historia semella ser cíclica. Aínda que o máis xusto sería dicir que os seres humanos, que ao fin e o cabo son os que fan historia coas súas accións e decisións, repiten erros e tropezan unha e outra vez erros do pasado. Cal é a súa análise destes tempos que nos toca vivir?
-Se algo nos di a historia é que os seres humanos case sempre nos preocupamos das mesmas cousas. Tamén no ano 1000 pensaban que se iba acabar o mundo. E nos seguintes anos e séculos pois que todo ía a peor. Tendemos a pensar que calquer momento pasado foi mellor e que na actualidade todo está convulso. E hai que manter a calma e a paciencia. Non creo que sexa a fin do mundo. Ademais, de ser o fin da nosa civilización- como a algún lle gusta pensar- é algo normal. Nada é eterno e a vida ten ciclos.
-Se tivese que escoller un obxecto para contar este momento da historia, cal sería?
-Moi boa pregunta. Diría algo moi fácil: o móbil e as redes sociais. A día de hoxe son imprescindibles. A min non me gustan moito pero son un hipócrita se non digo que me axudan a divulgar a nosa historia. Ten as súas cousas boas e malas. Como di algún por aí, e algo de razón ten, a culpa non é da tecnoloxía senón máis ben nosa porque lle damos usos escuros.
Suscríbete para seguir leyendo
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- La ordenanza de autocaravanas de Cangas limita el estacionamiento a una noche
- Arde en Areamilla la planta alta de una casa cuando el inquilino estaba ausente
- De pintor a estudiante con 46 años y matrícula de honor
- Ana María Corbal, de monja en Cangas a seglar
- Adquieren dos viviendas frente a Lidl y junto al desarrollo de Vilela para un Burger
- Herida por atropello una mujer de 68 años en un paso de peatones en Moaña