Día das Letras Galegas/Festa da Cultura

Cangas premia a Mornura, o Entroido do Hío e a Lao Graña

O Concello entrega hoxe nunha gala no auditorio os seus maiores premios, o Xohan de Cangas e o de Ignacio Cerviño á creación artística, labor cultural e promoción e recuperación do patrimonio | O Grupo de Pandeiretas de Lembranzas da Ría actuará na Festa da Cultura de Cangas

A Moura, Lao Graña e Asociación Vivas no Hio

A Moura, Lao Graña e Asociación Vivas no Hio / FDV

Juan Calvo / Cristina G.

Cangas

Cangas renova seu vínculo co Día das Letras Galegas coa celebración da Festa da Cultura no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, onde se entregan os premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño. O primeiro a labor cultural e a creación artística y literaria e, o segundo, a recuperación e promoción do patrimonio. A entrega terá lugar nunha gala que comezará ás 20.00 horas. Na mesma están prevista as actuacións do Coro do Conservatorio e Escola de Música de Cangas, da Escola de Danza Inés Núñez, do Grupo de Pandeiretas de Lembranza na Ría e do Coro de María Soliño.

O premio Ignacio Cerviño á recuperación/promoción do patrimonio foi para a Asociación Vivas no Hío, pola súa laboura para manter viva a tradición do entroido de O Hío. O premioXohan de Cangas á creación artística é para o grupo músico vocal Mornura e o premio Xohan de Cangas á labor cultural recae no xa funcionario xubilado do Concello de Cangas, adscrito aos departamentos de Cultura e Benestar, Estanislao Graña. A gala estará presidida pola alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido (BNG) e pola concelleira de Cultura, Aurora Prieto (EU). Acostuma a ser unha gala moi emotiva no que a entrada e gratuita e as butacas acostuman a estar todas ocupadas. Nesta ocasión, a organización non fixo público quen será a persoa que presente a mesma.

Tamén hoxe terá lugar a Festa de Darbo, organizada pola asociación Peis d`hos. Haberá pulpo, churrasco e non fallará a comida vegana. Pola mañana actuarán as Pandeireteiras de Peis d’hos e tamén cantos de taberna. O que se pretende e facer unha festa rachada.

Dende o Concello hai previsto tamén para o día de hoxe unha serie de actos nas parroquias . Está previsto que as 11.00 horas, en Coiro, actúe a Asociación Cultural María Soliña; despois, en Darbo, ás 12.00 horas, estará Peis d’hos en Darbo, e a mesma hora, na Alameda de Aldán, o grupo de Danzas de Pais de San Roque. Media hora despois, na Alameda Vella de Cangas, actuará a Asociación Cultural Lembranzas e as 13 horas, no adro de O Hío, Tres pes pá un banco.

Con estas actividades o concello quere festexar a data de homenaxe átradición popular oral en cada unha das parroquias canguesas. Agradécese o traballo a todas aquelas asociacións que xa teñen actos programados para este día e desde o Concello queren sumar a celebración do Día das Letras Galegas a través da actuacón de cantarerias en Aldán, Cangas, O Hío, Darbo e Coiro. O goberno invita aos veciños a disfrutar do que denomina poesía popular oral.

Hoxe é un día cheo de actividades no que o goberno volcouse para que os veciños coñezan a laboura das pandeireteiras, ás que se adica o Día das Letras Galegas.

O Entroido do
 Hío este ano. 
|  Gonzalo Núñez

O Entroido do Hío este ano. / Gonzalo Núñez

"O Entroido do Hío crea sensación de unidade na parroquia, nos enche o peito"

Asociación Vivas no Hío

— Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio

O Entroido tradicional de O Hío é o merecedor do Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio, a través da Asociación Vivas no Hío, que creouse en 2024 para que o entroido non se perda, crear protocolos e evitar os problemas da masificación da festa. Entenden que o premio é nominativo pero «non é realmente para nós. É un recoñecemento ao traballo de toda a parroquia por manter viva a tradición. É unha festa que crea unha sensación de unidade que enche ben o peito ata o ano seguinte».«Vivas no Hío» ten unha directiva cun representante de cada aldea e o reparto de cargos é por sorteo. Donón é a primeira aldea en levar a presidencia e o resto de cargos seguen a mesma orden que o percorrido do Entroido polos sete barrios: Vilariño (vicepresidencia), Igrexario (secretaría), Pinténs(tesourería) e Vilanova, Nerga e Liméns (vogais): «Non sabemos dende cando se celebra o Entroido no Hío (despois da Guerra Civil retomouse a principios dos anos 40), pero dende hai moitos anos que na parroquia celebramos tres días de Entroido». Participan as sete aldeas da parroquia. O primeiro día queda cada un en cada aldea, e os outros dous se xuntan coas ás comparsas de cada unha e as recorren: «Nos esforzamos por manter as tradicións ensinadas polos nosos maiores: en que orden imos, cando abrirlle ás outras comparsas, que facer ou non nos palcos...hai todo un protocolo de como celebramos o Entroido, que fai única esta festa».O luns, o Entroido visita Vilariño, Igrexario, Pinténs e Vilanova e o martes, Liméns, Nerga o Donón. En cada aldea se bailan dúas pezas no palco e botan vivas e ao rematar o recorrido.

O grupomúsico  coral Mornura nunha recente actuación no Auditorio de Cangas.

O grupo músico coral Mornura nunha recente actuación no Auditorio de Cangas. / Santos Álvarez

"Bernardino Graña está nas nosas cancións e Suso Vaamonde na nosa música"

Jesús Rodríguez, director de Mornura

— Premio Xohan de Cangas a Creación Artística

Mornura é esa agrupación músico-vocal de Cangas que quixo ser o que indica o seu propio nome, algo «morno». Surgió de aqueles anos nos que aínda era moi frecuente cantar nas tabernas, fai xa 32 anos. Ese grupo de amigos que ian de taberna en taberna a cantar quixo dar un paso máis e naceu o que hoxe é «Mornura». Foi no ano 1993 cando 15 amigos tomaron a decisión e nomearon a Jesús González (83 años) director do grupo, donde sigue llevando a batuta. Un ano antes, Jesús González deixara a Banda de Música de Cangas. Como recoñece Jesús Rodríguez, o grupo nacer, nacer naceu con nome del Ni fu, nin fa, pero mudou a Mornura porque se confundía con unha charanga. O nome Ni fu ni fa sigue existindo e a través do mesmo, o colectivo accede as subvencións. A primeira actuación de Mornura foi no Concello de Sanxenxo, «nunha igrexa moderna», recorda Jesús González. Después recorrería moito municipios de Galicia. Cantaron en unha ocasión nas famosas festas de María Pita, na Coruña e también o fixeron en Aveiro, en Portugal. A poesía de Bernardino Graña está patente no seu traballo, como o proba unha das suas cancións a quen Suso Vaamonde pusolle música. Tamén o hoxe director do conservatorio de Cangas Alberto González Avilés axudou cos arreglos no seu repertorio. Mornura sacou a venta tres CDs. Hoxe preside o grupo, a guitarrista Adela Martínez, unha das que tamén forman parte de os fundadores que ainda están no grupo, junto Jesús y David. Mornura afirma que o xurado tivo en conta sua labor de estes anos, o estar siempre presente en todo que lles piden, en participar en moitos festivais benéficos.

Estanislao "Lao" Graña.

Estanislao "Lao" Graña. / Gonzalo Núñez

«A cultura é respeto ós demáis, ós valores e tradicións»

Lao Graña

— Premio Xohan de Cangas ao Labor Cultural

Acaba de xubilarse como traballador municipal despois decasi coarenta anos nas áreas de Cultura e de Servizos Sociáis. Estanislao Graña «Lao» (Cangas, 1958) retírase pola porta grande, co Premio Xohan de Cangas ao Labor Cultural. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (sección Psicoloxía) pola Universidade de Compostela, é educador social, director de actividades de tempo libre e especialista en animación sociocultural. A súa vinculación coa cultura comenzóu no 1977 coa creación da Asociación Xuvenil Abraxas xunto cun grupo de rapaces no centro parroquial Fonte do Galo. Organizaron a 1ª Semana da Mocidade en Cangas con charlas, proxeccións e concursos de fotografías, o concerto de Milladoiro e participaron na organización das Festas do Cristo de 1979 organizadas pola primeria corporación democrática. O presidente da comisión era o concelleiro de Cultura, o xa finado Henrique Harguindey. A partires de 1980 empezou a colaborar no Centro Recreativo e Cultural (Casino) a través do Cine Clube e en 1987a traballar no Centro Municipal de Benestar Social do Concello.

Coma se ve a entrega este ano dos premios culturais como un dos protagonistas?

A verdade e que estou abrumado non somentes con este premio senon con todo o afecto e cariño que estou a recibir neste ultimo mes cando decidin xubilarme por parte de persoas amigas, compañeiros e compañeiras e colectivos. Nestes últimos 38 anos o úneco que fixen foi cumprir coas miñas obrigas como traballador dunha administración pública que está ao servizo das persoas.

Que é a cultura para Lao Graña.

Ademais das artes e das letras, ten que ver co respeto aos demáis, os valores ,as creenzas e as tradicións.

E a cultura de Cangas?

É todo, pois en este pobo temos persoas e colectivos en todas as áreas das artes e das letras , por suposto na recuperación das tradicións e do patrimonio, polo tanto a importancia da cultura en Cangas e tremenda e non se entende Cangas sen as persoas e as entidades da Cultura.

Vostede comenzou na Asociación xuvenil Abraxas nos anos 70. Coma era Cangas entón?

Inicieime na actividade cultural con 19 anos. A finais dos setenta e principios dos oitenta Cangas era un pobo que empeza a despertar e a crecer, coa democracia todos aqueles movementos da clandestinidade empezaron a achegarse máis a xente e o movemento asociativo creceu dun xeito importante: asociacións veciñais, de país e nais, culturais, deportivas.

Que lembra daquel primeiro concerto de Milladoiro na localidade que organizou Abraxas

Se celebrou no cine Calvar. Recordo como moitos dos eventos que se celebraban nesa época, con moito voluntarismo, esforzo e apoios moi limitados por parte das administración públicas e entidades privadas. Como curiosidade decir que non tivo moito éxito de público.

E que lembranzas ten do seu paso polo Centro Recreativo Cultural Casino.

Durante anos o Centro Recreativo e Cultural foi un referente pois era a úneca asociación que tiña un local aberto para as persoas asociadas e no que se realizaban actividades abertas a todos os públicos. A finais dos setenta o Centro Recreativo e cultural xa tivera un moi bo momento coa celebración de distintas actividades que tiveron unha repercusión importante: creación do Cine Club Cangas, concertos... Nos oitenta mantivo a proposta do Cine Club e outras actividades culturais aínda que mantendo a súa actividade recreativa.

Como traballador municipal participou na organización de eventos do Concello coma as Festas do Cristo. En que lugar están estas festas?

Evolucionaron dende a organización dunha comisión de Festas que recaudaba fondos a unha organización do Concello. Esta evolución ten cousas positivas e outras negativas, coma a falla de participación veciñal. Agora mesmo pens que o principal problema que teñen as Festas ten que ver co espazo donde ubicar atraccións, espectáculos orquestas, jaimas,… Hai que trabalar por ese espazo das Festas que ademáis permita a convivencia coa veciñanza en xeral.

Perderon as Festas do Cristo protagonismo na área metropolitana?

Seguen a ser un referente na comarca, a cuestión e que agora mesmo existen un feixe de actividades ao longo do ano de gran importancia en toda a comarca, non compite somentes con outras festas.

O cine clube tamén é unha actividade moi arraigada na vila e na súa traxectoria. Cando Cangas voltará a ter un cine?

Pensando que chegou a ter tres cines funcionando ao mesmo tempo, a situación e desalentadora, pero se observamos o que pasa noutros lugares e ademáis contamos con Vigo ao lado, e bastante difícil que volva un cine comercial. De todolos xeitos o Cine Clube Cangas coa súa programación e a semana de Cine ten cada vez máis oferta e público.

Tracking Pixel Contents