Homenaxe ás cantareiras na carballeira de San Martiño

Pandereteiras, a banda da Escola de Música e gaiteiros, nun concerto polas Letras Galegas

Un momento do concerto de onte. |  G.N.

Un momento do concerto de onte. | G.N.

Moaña

A programación de Moaña polas Letras Galegas contou onte cun concerto na carballeira de San Martiño en homenaxe ás cantareiras da vila. A esta arte se lle adican este ano as Letras Galegas.

Actuaron a Banda Xuvenil da Escola Municipal de Música, así como o grupo Ardora, que son as pandereteiras da Asociación de Mulleres de Moaña. Ademais, tamén actuaron os Gaiteiros de Moaña, alumnos da Escola de Música Tradicional.

A programación segue hoxe, ás 20.00 horas no salón de plenos, cunha lembranza á «Señora Modesta, a nosa cantareira de raíz». A impartirán Xavier Blanco e Martina Ferradás. Da Fundación Legar. Mañá Arredor da Tradición explicará a historia do canto de tradición oral en Galicia.

Tracking Pixel Contents