Cangas celebra a gala de entrega dos premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño

A concelleira Aurora Prieto na gala do ano pasado. / Gonzalo Núñez
REDACCIÓN
O Concello de Cangas ten todo preparado para o acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas, este vindeiro sábado, na denominada Festa da Cultura na que entrega os seus premios Xohan de Cangas ó Labor Cultural; Xohan de Cangas á Creación Artística e Literaria e o Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio. Será ás 20:00 horas no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela, coa presenza da alcaldesa, Araceli Gestido; e da concelleira de Cultura, Aurora Prieto, que leva o peso desta Festa da Cultura.
Na gala actuarán o Coro do Conservatorio e Escola de Música de Cangas; a Escola de Danza Inés Núñez; o grupo de pandeiretas de Lembranzas da Ría e o Coro María Soliño.
Concerto Letras Galegas
Pero este venres, o Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas tamén acollerá un concerto de Letras Galegas, con entrada de balde, ás 20:00 horas, no que participarán o grupo músico-vocal Mornura; a coral Areas Gordas; a Coral Lestonnac-Coro de Cela, el Coro Gestus Vocalis, o Coro María Soliño e o Coro San Xosé, que volve a facelo nunha desas poucas actuacións ao longo do ano despois de que os seus homes e mulleres de novo xuntan o coro para cantar as Pepas e Pepes no día de San Xosé.
- Hospitalizado un motorista tras impactar contra un todoterreno en Darbo
- Cangas festeja la peatonalización urbana que «pon as persoas no centro e invita a vivir e convivir»
- Un recorrido histórico por el Corpus de Bueu
- La comarca afronta un San Juan sin hogueras en las playas de Bueu y Moaña
- El arte efímero del Corpus conquista calles y asfalto de Bueu con más 50 de alfombras
- El Fuego Fest reúne a miles de personas en Moaña
- Una avería en un bombeo obliga a verter al mar y a cerrar tres playas de Beluso
- De Alemania al Corpus de Bueu en un «2 Caballos»