Nace o Ateneo Areas Gordas para dinamizar a cultura en Cangas
A asociación dálle cabida á literatura, a arte, a música ou a filosofía
G.M.P.
A Asociación Ateneo de Cangas Areas Gordas Ateneo nace co propósito de ser un espazo dinamizador do municipio, un punto de encontro para persoas con intereses diversos que queiran compartir ideas, crear en común e aportar á vida cultural do pobo, proclaman os seus promotores. «Entendemos a cultura non como algo illado nun lugar ou nunha disciplina concreta, senón como un territorio amplo onde teñen cabida a literatura, a filosofía, a ciencia, a arte, a música, o pensamento crítico e o diálogo interxeracional», explican.
«Queremos apostar pola palabra, polo pensamento e pola creación. Por iso, nesta primeira actividade, aproveitamos o mes das Letras Galegas para poñer o foco na literatura e nos escritores e escritoras que nos axudan a comprender o mundo dende perspectivas únicas. A poesía, a narrativa, o ensaio... fannos pensar, emocionarnos, elevarnos por riba da rutina e descubrir outras formas de ver a realidade. Os escritores convídannos a vivir outras vidas e a abrir a mente. Reivindicar o seu traballo é tamén defender a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa capacidade de soñar un mundo mellor».
O nome do Ateneo –Areas Gordas– fai referencia á denominación tradicional do areal hoxe coñecido como a praia de Rodeira. «Con el queremos lembrar que o coñecemento do pasado é clave para entender o presente. Non miramos atrás con nostalxia, senón con vontade de interpretar mellor o noso tempo», sinalan. Para inaugurar este camiño contan co cantautor, escritor, editor e pensador vinculado á cultura galega contemporánea Francisco Castro, que amenizará a presentación do Ateneo o vindeiro domingo día 18, ás 12 do mediodía no local Ghato de Mar.
«Promovemos e divulgamos as conquistas e dereitos do pobo»
«Promovemos e divulgamos a memoria das conquistas sociais e dereitos do noso pobo», proclaman as persoas impulsoras do Ateneo de Cangas, que destacan entre os seus obxectivos a defensa do medio ambiente, promover a nosa lingua a través da cultura, denunciar todo o que atente contra a dignidade e a libertade, crear espazos de encontro entre os asociados, e a poboación ou outros colectivos e organizar, crear e divulgar eventos como teatro, exposicións, concertos, recitais de poesía, contacontos e outras actividades culturais.
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Cangas sanciona al Arzobispado con 1.800 euros por el tañido de las campanas
- Un conductor de un coche sin carné se empotra contra un turismo en Domaio y da positivo en alcohol
- Investigan a un joven por menudeo de drogas tras sorprenderlo en Cangas con 44 gramos de hachís
- ¿La gaviota del cuchillo ha llegado a Moaña?
- Aguín, sobre la protesta por el turismo: «Es poner el tiro en el pie equivocado»
- Dos bajos de Moaña se transformarán en sendos pisos y un apartamento