Mulleres de Moaña festexa as letras coa charla «falemos galego en Madrid»
REDACCIÓN
Moaña
A Asociación de Mulleres de Moaña organiza unha xornada de actividades o sábado 17 de maio co gallo do Día das Letras Galegas. Ás 20.00 horas, no seu local da Avenida Concepción Arenal, Verá Santomé e Daniel Fernández darán un charla con experiencias en primeira persoa titulada «Falemos galego en Madrid».
Despois actuará o grupo de pandereteiras Ardora e asumirán o protagonismo as integrantes do Coro Chorima. Ambas agrupacións están integradas por socias da Asociación de Mulleres. O venres 23 de maio actuará no local, ás 20.00 horas, o cantautor Francisco Castro.
Paralelamente, entre o 17 e o 25, o local acolle a exposición de cunchas mariñas coa súa cor natural «A metamorfose das cunchas», obra do artista Xosé Díaz «Cantoneiro».
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- Chicote rueda su 'batalla' de restaurantes en Cangas
- Cangas sanciona al Arzobispado con 1.800 euros por el tañido de las campanas
- Un conductor de un coche sin carné se empotra contra un turismo en Domaio y da positivo en alcohol
- Investigan a un joven por menudeo de drogas tras sorprenderlo en Cangas con 44 gramos de hachís
- ¿La gaviota del cuchillo ha llegado a Moaña?
- Aguín, sobre la protesta por el turismo: «Es poner el tiro en el pie equivocado»
- Dos bajos de Moaña se transformarán en sendos pisos y un apartamento