O IES Rodeira vive o seu mes de maio máis internacional

Alumnado de Rodeira e Berlín, onte, na illa de San Simón. |  FdV

Alumnado de Rodeira e Berlín, onte, na illa de San Simón. | FdV

G.M.P.

Cangas

O IES de Rodeira vive un mes de maio marcado pola proxección internacional e o intercambio educativo con centros europeos de Alemaña, Francia, Suecia, Italia e Portugal. «Un tempo de aprendizaxe compartida, de coñecemento mutuo e de apertura ao mundo que reafirma a aposta decidida do centro pola internacionalización como ferramenta pedagóxica e vital», apuntan.

A semana pasada, tres docentes do instituto cangués estiveron en Peniche (Portugal)_nunha estadía de observación no agrupamento escolar que forma parte do programa Oberva­_Acción, e esta semana chegou o alumnado de Friedrich-Ebert-Gymnasium Berlin (FEO), que devolve así a visita realizado pola alumnado galego a Alemaña o pasado outono.

Os próximos en chegar son o grupo do Collège Commandant Cousteau, de Rognac (Francia), que devolve a visita recibida e consolida un proxecto de intercambio que está a medrar curso tras curso. Cara a finais de maio haberá outras dúas experiencias internacionais, coa visita a Suecia dun docente de Administración e Finanzas e a doutros dous compañeiros que se desprazarán ao Oberschulzentrum Schlanders, no Sudtirol italiano.

Tracking Pixel Contents