Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Meiro organiza a xornada de «Letras na Morada» para celebrar as Letras Galegas

A celebración será o domingo e incluirá música, charlas, xogos populares e xantar

Representantes da asociación veciñal de Meiro e do Concello de Bueu presentan a xornada. |  FdV

Representantes da asociación veciñal de Meiro e do Concello de Bueu presentan a xornada. | FdV

REDACCIÓN

Bueu

A Asociación Veciñal A Morada de Meiro, coa colaboración do Concello de Bueu, celebra este domingo a xornada «Letras na Morada», co gallo das Letras Galegas. Será unha xornada chea de actividades ao redor da cultura e no recinto veciñal haberá unha cantina e un posto para a venda de libros.

A programación comezará ás 11.00 horas con xogos populares, aos que seguirá a presentación do libro «A agonía das folerpas» de Óscar Reboiras (12.00 h) e unha actuación musical de Tino Baz (13.00 h). Ás 14.00 horas será o momento para o xantar, aproveitando a presenza dunha cantina no recinto veciñal.

As actividades retómanse a partir das 17.00 horas cunha nova sesión de xogos populares. Ás 18.30 horas haberá unha nova actuación musical, esta vez por parte de Cantadela de Meiro. Ás 19.00 horas organízase un coloquio coa escritora Inma López Silva e o peche desta xornada para festexar as Letras Galegas será ás 20.00 horas cunha conferencia do investigador Arturo Sánchez Cidrás, que falará das lendas de Bueu.

Tracking Pixel Contents