Lembranza a Lito e homenaxe a Eduardo Otero
O Hío celebra a xuntanza de gaiteiros en memoria de Anxo Gago, na que se recoñecerá ao guía da danza de San Roque durante 42 anos

Eduardo Otero (primeiro pola esquerda) exercendo de guía na danza de San Roque do Hío. / Gonzalo Núñez
O Hío celebra esta fin de semana unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros-Memorial Anxo Gago «Lito», en recordo do que fora recoñecido mestre gaiteiro e veciño desta parroquia. Esta vai ser xa a cuarta conmemorarción e ao igual que en anos anteriores vaise aproveitar para render homenaxe a un persoeiro do Hío vencellado co mundo da música tradicional. Este ano o elexido é Eduardo Otero Gutiérrez, que foi o guía da danza ancestral de San Roque durante máis 40 anos. Unha danza que se interpreta cada 16 de agosto e que está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia xunto á de Santa María de Darbo e San Sebastián de Aldán.
A xuntanza de gaiteiros será este domingo e os participantes están citados ás 17.30 horas no entorno do restaurante O Pereiro. Desde alí sairá un pasarrúas con todos os músicos e que se dirixirá cara o emblemático cruceiro do Hío, no atrio parroquial. Alí, os gaiteiros que xa levan semanas ensaiando interpretarán dúas composicións de Anxo Gago «Lito»: «Marcha procesional de San Lourenzo» e «Muiñeira do Ghorghullón», esta última en referencia a casa de Vilariño onde naceu outro gaiteiro da parroquia: Manuel Solla.
Esta xuntanza de gaiteiros naceu como «lembranza e homenaxe ao laureado amigo, mestre e gran artista» da parroquia do Hío, falecido en febreiro de 2018. Un acto de recordo organizado por compañeiros da Murga Máis ou Menos, Asociación Música Tradicional Anxo Gago coa colaboración da asociación veciñal A Fontenova, Concello de Cangas e a empresa José Estévez Pousa.
- Operativo exprés para salvar a una bañista
- Cangas, con problemas para limitar una sola noche a las caravanas
- Una cama en la playa
- Denuncian un intento para matar los «loureiros» de la playa de Bueu
- La gasolinera de A Portela, a trámite público y prevé vender 2 millones de litros al año
- Cangas cortará el suministro de agua potable durante seis horas la próxima madrugada
- Moaña modifica el Plan Xeral para salvar el gran proyecto comercial de Tirán
- El PP apela al convenio con Portos para recuperar la pesca deportiva