Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Cangas presenta o libro de Carlos Callón sobre literatura galega

REDACCIÓN

Cangas

O Concello de Cangas ten elaborada unha programación no mes das Letras Galegas e entre os actos previstos este venres día 2 preséntase o libro de Carlos Callón (Ribeira, 1978) «Maxicamente vella, eternamente nova» sobre a literatura tradicional galega.

A presentación do libro será no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas. Que ten a cultura galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre? O autor profundará na importancia da transmisión oral para conservar a lingua e a cultura galegas e animará a emprender «o camiño de coñecer máis datos e máis matices sobre a nosa rica literatura tradicional». Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras galegas 2025? Unha pregunta máis.

Tracking Pixel Contents