Cangas revive a II República
Teatro, música, poesía e unha ofrenda no 94 aniversario da súa proclamación
Nin a choiva pudo impedir onte que Cangas revivise 94 anos despois a declaración da II República. Parte dos actos previstos tiveron que trasladarse ao interior do salón de plenos, ateigado de público, e onde un grupo teatral recreou a proclamación da II República ou un mitin da histórica dirixente del Partido Comunista Dolores Ibarruri «La Pasionaria».
A conmemoración deste aniversario republicano comezou coa intervención inicial dos responsables da Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas, Camilo Camaño e Xoán Chillón. Tras os seus discursos o músico Xico de Cariño interpretou coa harmónica o famoso «Himno de Riego» e deu paso a representación teatral coa proclamación da II República o 14 de abril de 1931 e o discurso de La Pasionaria. Despois viñeron intervencións poéticas e musicais a cargo de Mónica Camaño, Luís Chapela, Dori Santos, Silda Alfaro, Xabier Rial ou Daniel Costas. Esta primeira parte concluíu con outra representación teatral, esta vez ao redor do mestre Víctor Sánchez Mártil, que era natural de Extremadura e que estaba destinado en Coiro. Él foi un dos moitos mestres que foi represaliado e asasinado co golpe militar.
A continuación, a pesar da choiva, os asistentes saíron ao exterior para realizar unha ofrenda floral diante do monolito «Memorial da Liberdade», na Praza do Concello de Cangas.
Ao rematar os asistentes voltaron ao salón de plenos, onde Xoán Chillón e o investigador Xosé Álvarez Castro presentaron o libro «Adolfo Rodríguez Ansias (1908-1982), mestre republicano: 29 anos oculto baixo a lousa do franquismo». Un título que fai alusión ao tempo que este mestre ourensán tivo que pasar agochado para evitar a represión a raíz do alzamento militar contra a II República en xullo de 1936.
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña
- Un velero de Portugal, encallado en la ría de Aldán
- Cangas podrá negar los servicios públicos de agua y saneamiento a los campamentos turísticos
- Dos personas resultan ilesas del aparatoso vuelco de un coche en Moaña
- Los delegados sindicales del Concello de Cangas impugnan los nuevos carteles de «entrada a poblado» y consideran que las multas de la Policía en el entorno de las playas serían «nulas e ilegales»
- La acumulación de espuma del mar provoca una falsa alerta por contaminación en la playa de Rodeira
- Cangas aguarda por la devolución del material para balizar esta semana sus 20 playas principales
