O Equipo de Dinamización de Rodeira, con Dorotea Bárcena

Lembra no Día do Teatro a dramaturga e actriz cunha exposición múltiple no instituto, biblioteca e auditorio

Dorotea Bárcena.

Dorotea Bárcena. / CEDIDA X.LAGO

REDACCIÓN

Cangas

Co gallo hoxe do Día Mundial do Teatro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Rodeira (Cangas), coa colaboración do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública, organiza unha exposición simultánea sobre a traxectoria artística da actriz, dramaturga e directora de teatro, Dorotea Bárcena (Oviedo, 1944-Santiago, 2016). A mostra desenvólvese en tres espazos diferentes: o instituto, a Biblioteca Municipal e o Auditorio, feito que dá conta da súa inmensa carreira artística.

No instituto exponse a faceta como muller total do teatro, a súa labor como empresaria, dramaturga, directora de escena e actriz. Pola súa parte, na Biblioteca recóllese a herdanza de Dorotea Bárcena e o seu impacto nas dramaturgas contemporáneas. Ademais, o grupo de teatro do instituto vai ofrecer unha lectura dramatizada dunha das súas obras máis célebres, «Mullieribus», que terá lugar este venres ás 17:00 horas. Finalmente, no Auditorio poderase gozar da mostra «Os vieiros de Dorotea. Sempre vogando», coa súa traxectoria como actriz en teatro, cine e televisión e que estará aberta ata o 5 de abril no horario habitual destas instalacións.

O EDLG de Rodeira agradece a colaboración das institucións na mostra, a implicación de Antón Lamapereira e do Fondo Teatral María Casares, a xenerosidade de Xulio Lago ao ceder moitas das fotografías e deixa constancia do traballo de Inma López Silva, que serviu de base para esta mostra.

Tracking Pixel Contents