Cen anos atrás con Ruth Matilda Anderson

A Asociación Cultural A Cepa co gallo das celebracións do mes de marzo deste ano edita un folleto para conmemorar os cen anos da chegada a Galicia da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson.

O peirao de Cangas.

O peirao de Cangas. / Ruth Matilda Anderson

Cristina González

Cangas

O Día da Muller en marzo é unha data de celebración para a Asociación Cultural A Cepa de Cangas, reúnense nunha comida de mulleres, que vaise celebrar este vindeiro mércores, e neste mes sempre lembran historias do traballo feminino. Este ano céntranse na fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nueva York, 1983),cando se cumpren 100 anos da súa visita a Galicia en donde retratou escenas da vida cotiá en Cangas e noutros lugares do Morrazonaquela viaxe en 1924.

A Cepa editou 200 folletos con uns textos e fotografías que fixo en Cangas e en Moaña a protagonista Ruth Matilda para repartir en librerías, biblioteca e comercios e enviar tamén ós socios dos talleres da asociación e na excursión de marzo.

Solaina nunha casa no casco vello de Cangas. |  Ruth Matilda Anderson

Solaina nunha casa no casco vello de Cangas. | / Ruth Matilda Anderson

No folleto lémbrase que en 1924 Ruth Matilda Anderson realizou máis de 5.000 fotografías nesta terra para documentar os labores de diario da xente en Galicia cumprindo co traballo encargado polo fundador da Hispanic Society of America, Archer Milton Huntington.

Ruth Matilda Anderson desembarca no peirao de Vigo o 7 de agosto de 1924 acompañada do seu pai Alfred Anderson. Viñan cargados coas cámaras e o material fotográfico necesario para percorrer Galicia durante máis dun ano, en coche, a pé e a cabalo para cumplir co encargo. Improvisaban cuartos escuros nos hoteis para poder revelar os negativos. As fotografías a color eran enviadas aos Estados Unidos para seren procesadas.

Café Cosmopolita a carón da Capela do Hospital. |  Cedida por A Cepa

Café Cosmopolita a carón da Capela do Hospital na Cangas de 1920. / Cedida A Cepa

No primeiro día proban uns percebes e unhas cuncas de caldo e percorren os lugares máis importantes da cidade. Noutros días van visitar Baiona, Cangas, Tui, Mondariz e Pontevedra. Nunha segunda viaxe de novembro de 1925 a maio de 1926 volvería acompañada pola tamén fotógrafa, Frances Spalding.

Casa de patín. |  Ruth Matilda Anderson

Casa de patín. | / Ruth Matilda Anderson

Coa documentación recollida publicaron no 1939 “The gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña”, unha obra con 682 imaxes que conservan na colección da Hispanic Society of America.

A súa obra está considerada como o maior traballo documental e etnográfico de todos os tempos realizado sobre Galicia e merece un lugar destacado pola novidade que supuxo a súa recompilación de fotografías sobre os costumes tradicionais dos galegos.

Ruth Matilda en Oseira (Ourense).

Ruth Matilda en Oseira (Ourense). / Cedida

El relato de la fotógrafa

No folleto tamén se recolle o relato da fotógrafa coas súas impresións cando chega a Cangas: «Entre as sesións de laboratorio e as xiras polas festas do verán decidimos visitar Cangas. Dende a nosa galería a vila aparecía coma un trazo branco entre o esmeralda e augamariña da ría. Para irmos tiñamos que coller o vapor desde o Berbés. No peirao ían e viñan mariñeiros cos pés descalzos e pantalóns de pana (...) Fixemos a travesía da Ría no departamento de primeira clase, cos billetes verdes do vapor ben amarrados para que non os levase o vento. No extremo máis oriental da vila salientaba un gran edificio branco con moitas xanelas. Era unha das corenta fábricas de conservas da Ría de Vigo. Así que o vapor comezou a manobra de atraque, as peixeiras comezaron a abrirse paso coas súas figuras rexas e fortes.

No camiño da beiramar demos cun home e unha muller que conducían cadanseu carro de bois cargados de redes que levaban á praia para secar. (...) Achegámonos ao Café Cosmopolita que estaba encol da praia. Sentamos na terraza cun patrón e co rapaz que nos axudaba coas cámaras. (...) O patrón pegou un grolo da súa cervexa e comezou a falar da súa vida no mar.»

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents