Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día Internacional da Muller | 8M

As mulleres do remo

Con motivo desta efemérede do Día da Muller quixemos pór en valor a afouteza, resiliencia, loita e vindicación feminina por competiren nun deporte ata hai pouco reservado aos homes. Neste contexto, Cangas tén exemplos abondo, mais tamén hai outros que, por non seren olímpicos, non desmerecen ser recoñecidos: As nosas mozas, logo mulleres, que cunha longa traxectoria deportiva, dentro e fóra do país, merecen o seu recoñecemento, pois tamén remando cada día do ano, compiten só polo logro dunha bandeira.

Traiñeira galega na Concha con Vicky de proel.

Traiñeira galega na Concha con Vicky de proel. / Arquivo do autor

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

XERARDO DASAIRAS (Mestre e historiador de Cangas)

Cangas

Nos últimos tempos, a chamada fuga de talentos universitarios, semella que tén preocupado a diversos axentes sociais, mais no eido do deporte, concretamente no remo, tamén se ven producindo desde hai anos en Galicia. Neste caso, moitas das nosas remeiras e remeiros deslócanse aos clubes do norte, sobre todo a Euskadi, onde este deporte está moi apoiado institucionalmente e empresarialmente, e mellor pagado que no noso país.

Esta circunstancia migratoria, porén, non é nova e tráenos á memoria aos milleiros de mariñeiros galegos que antano, por circunstancias económicasmáis favorables, se trasladaron a Pasaia creando unha gran colonia en Trintxerpe. E se temos que falar da situación do remo feminino no noso pais, as diferencias son abismais e as nosas remeiras dignas de louvanza e recoñecemento. Durante moitos anos, a presenza da muller no deporte en España era cuestión de féminas afoutas quen, pese aos atrancos sociopolíticos e morais da época que lles tocou vivir, tentaron cumprir cos seus anceios deportivos sen decatarse de que estaban a abandeirar a loita polos dereitos de respecto e igualdade de sexos neste eido. En Galicia temos o caso paradigmático da coruñesa Irene González Basanta que foi a moza pioneira do fútbol feminino galego alá polo ano 1924. Desde aquela, foron moitas as mulleres que, ben indivualmente ou en equipo, loitaron por teren presenza en eidos deportivos, sempre exclusivos de homes e con maior impedimento nas ditaduras que sufrimos, inimigas dos dereitos femeninos.

Logo da Federación. |  A. do Autor

Vicdky Piñeiro / Arquivo do autor

Coa chegada do sistema democrático, avanzouse algo no recoñecemento dos dereitos igualitarios das mulleres, mais a realidade, despois de anos de democracia, ainda evidencia a día de hoxe, numerosas eivas legais e actitudes machistas, moitas mortais, polas que as mulleres ainda manteñen as suas reivindicacións como persoas con iguais dereitos.

Neste contexto queremos destacar a figura da nosa veciña María Victoria Piñeiro Guiance que naceu en Darbo-Cangas en 1984 e con máis de corenta anos segue a ser un referente no remo galego, cántabro e vasco onde procurou, como outras galegas e galegos, unha certa estabilidade deportiva polo alto nivel e competitividade que ofrecen. Mª Victoria, Vicky Piñeiro, iniciouse con sete anos na práctica deportiva do piragüismo no C. M. Ría de Aldán pasando despois ao C. M Breogán do Grove. Neste periodo pasaría cinco anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, mais, segundo recoñece: A nivel persoal, de convivencia e de exixencia deportiva, para min foron anos bonitos, pero tamén duros, pois tiven que marchar da casa con 12 anos e nos fins de semana saiamos fóra ás competicións, polo que foi un cambio importante e grande na miña vida, que resulta moi complicado cando perdes a motivación, e por iso tes que buscar outras alternativas. O que me pasou foi que vía que daba voltas e voltas e non atopaba máis que dificultades de todo tipo, polo cal decidinme a buscar un cambio que nese momento me motivase, e atopeino no remo porque sempre me gustou. Con deceoito anos, Vicki pásase, pois, á modalidade do remo, competindo tanto en banco fixo como en móbil no Club Mecos do Grove onde asimilou que o remo, ademáis dun deporte, tén unha grande compoñente sociocultural que non ten o remo olímpico: Xa que logo, Vicki decide cambiar as medallas polas ligas e as bandeiras traiñeiras.

En 2008, acompañando á sua parella, tamén remeiro, vai desprazarse á localidade cántabra de Astillero onde ficha polo club de remo local no que durante a tempada de inverno gañaron a Regata Burdeos, o Open das Nacións de Castrelo de Miño (Ourense) ou a cuarto posto na Head of de River (a mellor clasificación na historia dun bote español nesta regata), a proba de remo olímpico máis importante do calendario internacional, todas elas con Vicky como temoeira.

No mes de maio deste ano, o club decide incorporala como temoeira na traiñeira masculina, mais a Federación Española de Remo vai prohibir a sua participación en competicións oficiais, ainda que si o permitía nas outras menores. Este veto oficial había ter moita trascendencia na prensa estatal e nos ámbitos relacionados co remo, alcanzando Vicky gran sona pola sua reivindicación e provocando que no ano seguinte se artellase unha Liga exclusiva para darlle impulso ao remo feminino e crear asemade unha competición de elite como no eido masculino.

Vicky Piñeiro. |  Arquivo do autor

Sonia Boubeta. / Arquivo do autor

Xa que logo, neste ano 2008 vaise crear a Liga Euskotren cuxa primeira edición contou con oito xornadas nas que as remeiras competiron por seleccións sendo as primeiras participantes as de Catalunya, Bizkaia, Gipuzkoa e Galicia que foi a campioa. No ano seguinte gañaría o Campionato do Mundo de Remoergómetro en Boston e no 2010, Vicky vaise incorporar ao Club de Samertolameu de Meira, formando parte da traiñeira galega Rias Baixas, daquela a selección galega feminina formada por remeiras de Chapela, Cabo da Cruz e Samertolameu, que conseguiría a Bandeira da Concha ata 2012, durante cinco anos seguidos. Nestes anos en Galicia, Vicky desprazábase desde Euscadi os venres para adestrar, con retorno nos domingos, facendo 1.300 quilómetros de ida e volta.

En 2015 vai remar con Zumaia e despois dun paréntese dun ano, incorpórase en 2017 ao equipo feminino de San Juan de Pasaia P. D. Koxtape no que permacerá dous anos gañando en 2018 con Pasaia Donibane a Bandeira da Concha. No ano seguinte, 2019 vai fichar por Orio onde leva seis tempadas de grandes éxitos, compaxinando actualmente o remo co traballo de administrativa, pasando antes por outros oficios, pois as mulleres remeiras a penas perciben emolumentos pola sua actividade deportiva.

Sonia Boubeta. |  Arquivo do autor

Beatriz Piñeiro "Beti". / Arquivo do autor

O veto da Federación e a vindicación feminina

En maio de 2008 o club cántabro de Astillero prepará¬base para disputar os Campionatos de España e tiña solicitado un cambio no regulamento para que unha muller, Vicky Piñeiro, puidese ir nun bote masculino. Porén, a Federación Española de Remo (FER) argumentaría que segundo as normas da Federación Internacional (FISA), nas competicións oficiais, un home non podería ser temoeiro nun equipo feminino e ao revés. Mais a FISA, que noutros paises permitía esta opción, vai inhibirse, deixando a decisión na Federación Española.

Esta clara discriminación, provocaria que Vicky recibise en primeira instancia, os apoios dos Gobernos de Cantabria e Galicia. Mais, como os politicos galegos andaban de campaña electoral, sería o Par¬lamento cántabro quen lle solicitase á Federación que mudase a normativa para axeitala ao contemplado na Lei de Igualdade.

Esta disposición tería como efecto o apoio da ministra de Educación, Mercedes Cabrera, e da de Igualdade, Bibiana Aído. O club de Astillero, po¬la sua banda, alegaría que o posto de temoeira, ocupado por unha muller, só esixía destreza, tendo igual rende¬mento que un home, mais con menos peso. Desde Galicia, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, remitiríalle un comunicado ao club e a Piñeiro para mostrarlles o seu total apoio nesta reivindica¬ción da remeira galega.

Vicky, campioa do mundo de remo ergómetro en Boston

En febreiro de 2009 Vicky Piñeiro proclamaríase en Boston (USA) campioa do mundo de remo ergómetro ao marcar un tempo de 7 minutos e 42,08 segundos, sendo a primeira muller que desde o ano 2005 inviste menos de oito minutos en cubrir os 2.000 metros de que constaba a proba. Nesta cidade americana, Vicky estivo acompañada da moañesa Sonia Boubeta, compañeira de equipo en Astillero, que foi campioa desta disciplina o ano anterior e que este ano ficaría cuarta. O marinense Luis Pazos, tamén en Astillero, alcanzaría o segundo posto na categoría de 40-49 anos. O trunfo de Vicky en Boston significaría o seu maior recoñecemento a nivel mundial na especialidade do remo ergómetro, na que tivo que enfrentarse na final a 29 participantes femini¬nas internacionais, algunhas con brillante pal¬marés, obtido nos pasados Xogos Olímpicos de Pekín.

Traiñeira galega na Concha con Vicky de proel. |  Arquivo do autor

Logo da Federación. / Arquivo do autor

A prensa euskaldun louva a traxectoria deportiva de Vicky Piñeiro

Hasta este año 2023 nadie en el remo gallego femenino tiene tantos tí¬tulos de la Liga ACT (Euskotren) co¬mo Vicky Piñeiro. La remera de Can¬gas consiguió el domingo su sexto entorchado con la escuadra de Orio, con la que ganó la mitad de sus ligas. Las otras las reparte con San Juan de Pasaia (2) y con Galicia, aquella mítica trainera gallega que significó el despertar del remo fe¬menino en su país. Además, Mª Victoria Piñeiro Guiance también suma a su increíble palmarés siete banderas de la Concha y no ca¬be duda de que buscará la octava.

Sonia Boubeta

Nesta lembranza das nosas mulleres do remo tamén queremos incluir á moañesa de Meira, Sonia Boubeta Currás, cuxa peripecia vital estivo ligada ao deporte desde os doce años cando se iniciaría na práctica do atletismo, taekwondo, fútbol e remo, disciplina esta na que alcanzaríaa elite desta modalidade. Con 14 anosingresou no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e con 16 participaría en varios campionatos de España e alcanzaría o subcampeonato do mundo de remo olímpico en Polonia coa selección española.

Despois optaría polo remo de banco fixo nas traiñeiras e en 2008 pasou a formar parte do equipo de Astillero onde había coincidir con Vicki Piñeiro, competindo tres anos no mesmo club. Neste mesmo ano gañaría o Campionato de Remoergómetro en Boston na sua categoría (61,5 kilos de peso) e consegui ría outros moitos galardóns como un campeonato de España de traiñeiriñas. No ano 2009 en Boston alcanzaría o cuarto posto, gañando nesta categoría a sua compañeira Vicky Piñeiro. Estando xa ambas no club de Samertolameu de Meira, acudirían de novo a Boston en 2010, financiadas polo Concello de Moaña.

En 2015, sen causa aparente, Sonia vaise ver envolta nunha operación antidopaxe no Pais Vasco cunha investigación que durou cinco anos. Neste trance viuse truncada a sua vida profesiona e deportiva, repercutindo directamente na sua vida familiar e social. No 2019, nun xuizo que durou cinco días foi exonerada de culpa nun proceso cunha instrución incomprensiblemente longa, percibíndose xa desde o primeiro momento a inocencia de Sonia. Moi afectada por terse luxado de tal xeito a sua imaxe e ante a imposibilidade da sua rehabilitación pública, retiraríase do deporte activo, dedicándose a obter o título de técnica e adestradora de remo, incorporándose ao equipo de veteranos de Meira para non perder a forma. No ano 2024, Sonia voltaría ao Club de Astillero como remeira e adestradora feminina, conseguindo este ano a sua traiñeira, o ascenso á liga Euskotren da máxima categoría.

O relevo cangués en Euskadi

Beatriz (Beti) Piñeiro e outra remeira nacida en Cangas en 1998 (27anos), que despois de forxarse no remo en distintos clubes galegos, foi fichada polo club vasco (Donostia) Arraun Lagunak en novembro de 2021 en base á sua brillante traxectoria. Na traiñeira femenina deste club tén conseguido grandes trunfos como o Campionato da Liga ACT ou a Bandeira da Concha.

Na sua traxectoria deportiva tivo grande influencia a remeira e adestradora, tamén canguesa, Marta Cochón, que formou parte daquela tripulación galega, con Vicky e Beti Piñeiro, que gañou a bandeira da Concha cinco anos seguidos, entre 2008 e 2012. Após 15 anos como deportista de remo en diferentes modalidades, Marta exercería tamén como adestradora no Club de Remo Vila de Cangas.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents