Entroido no Morrazo
Explosión carnavaleira no Hío
Miles de personas enchen as rúas e espazos públicos da parroquia canguesa para disfrutar desta festa tradicional
Gonzalo Martínez/ F.G.sas
«Perdonámosche o mal que nos fas polo ben que nos sabes», aireaba un grupo de bos amigos do viño, un clásico nestas datas, pola contorna do adro de O Hío, rodeado de vallas metálicas e vixiado de preto con reforzos da Policía Local, Emerxencias-Protección Civil e mesmo unha ambulancia habilitada polo Concello para atender accidentes ou excesos. Ao seu carón, outra pandilla de adeptos á botella, máis veteranos, sen ningún disfraz identificable: «Imos de furancheiros! É que non mirades as existencias de viño ou que?», increpaban alegremente a unha parella disfrazada con décimos de lotería cun número que remata en 69 e disque lle da moi boa sorte.
O Hío é unha festa da que ninguén escapa nin quere escapar e da que todo o mundo quere participar. Hai un séquito de geishas ben maqueadas, os integrantes dunha misión espacial que imitan aos de Jesús Calleja , varias asistentas das carreiras de motos e fórmula 1 con anagramas de compañías petroleiras ou un grupo de bailarinas con movementos sexi. Porque o Entroido é para ir como a cada unha lle dá a gaña, e por se alguén se pasa de frenada, que non parece, está habilitado no recinto un «punto lila» contra as violencias machistas, que hai moita conciencia sobre dereitos e libertades. «Manolito, estoy hasta las tetas de hacerte las croquetas», advirte unha parella de rapazas, deixando claro que o que quere troitas debe mollar o cú no río.
As xentes da parroquia, e as hordas de foráneos que as acompañan, comezaron onte os días grandes. As comparsas de cada aldea partiron de Liméns e Vilariño pola mañán para bailar e gastar a sola dos zapatos ao ritmo dos gaiteiros que lle marcan o compás. O Igrexario converteuse en epicentro, a mediodía, e punto para recuperar forzas con comida e bebida a esgallo. «Cómeme, cómeme», dicíalle un rapaz disfrazado de galleta Oreo a outro compañeiro que facía ademán de trabarlle. Vixiante estaba unha patrulla de «homes de Harrelson, por se había que intervir, mentres desfilaban indios de ganchete dos vaqueiros ou cans e gatos en franca harmonía.
A xornada de hoxe tamén promete, porque ademais o tempo acompaña. O repertorio inclúe un percorrido ata Liméns e dalí a Nerga, con concentración no altar no lugar do Xogo da Bola e a toma da Cruz de Castro para recuperar impulso cara ao final en Donón, donde haberá festa ata que o corpo resista.
«Antes de que o coman os bechos, mellor é deixarlle solo os juesos», convidaba onte un entroideiro que sabe do que fala e que ten moito historial ás costas.
Comparsa Cojonuda en Aldán e "filloada" en Meiro
O Martes de Entroido celébrase hoxe con eventos en distintos puntos da comarca. Na parroquia canguesa de Aldán destaca a comparsa «A Cojonuda», que parte da carpa ás 15.30 horas para recorrer os barrios de Piñeiro, Gandón e Menduíña. A partir das 21.00 horas na carpa haberá bule bule coa charanga Amigos Colores.No centro de Cangas haberá festa de entroido nos Xardíns do Señal dende as 19.30 horas.
En Moaña ás 20.00 horas as comparsas actúan no centro Daniel Castelao de Quintela. Ás 23.00 horas haberá festa nocturna na carpa co grupo Locomía e os Djs Xoel Muiños e Iván Alonso.
En Bueu, pola súa banda, a aldea de Meiro acolle a súa IX Filloada dende as 16.00 horas. Elaborarase este doce típico, haberá xogos populares, un Dj e festival de comparsas.
- Javier Piñeiro, el vecino de Aldán que perdió las piernas en un accidente en alta mar en 2023, llega a la élite del deporte en paracanoe: «Durante el accidente pensaba que mi hija se quedaba sin padre»
- La inspección de la Autovía do Morrazo determina la necesidad de reparar los neoprenos de apoyo de tres viaductos, con cortes de tráfico tras el verano durante dos meses
- Óscar Boán Callejas: el exalcalde de Cangas que ordenó fusilar al rector de la Universitat de València
- O Morrazo repite sus cinco banderas azules en playas: Lapamán, Portomaior, Lagos y Area de Bon en Bueu y O Con en Moaña
- Aparece en el colegio de Espiñeira un ordenador con un video donde se podía ver el Corán y escuchar una música supuestamente islámica
- Vía libre por fin para convertir la calle Pazos Fontenla de Bueu en un bulevar: la Xunta confirma una aportación de casi 1,7 millones de euros
- Feliciano Rodríguez, el moañés de 73 años ingresado desde febrero por la caída de un talud de la Autovía do Morrazo sobre una casa: «Por fin saio do hospital; teño moitas ganas de comer peixe pequeno»
- Rescatan a un vecino de Bueu de 77 años que vive solo tras sufrir un accidente doméstico entre el sábado y el domingo


