Domaio volveu ao «Caldo de Gloria»

O Centro Cultural Rosalía de Castro acolleu os actos de homenaxe a poetisa no seu día en Galicia

A alcaldesa (centro), cos concelleiros Coral Ríos e Alfonso Piñeiro xunto ó busto de Rosalía. |  S.Á.

A alcaldesa (centro), cos concelleiros Coral Ríos e Alfonso Piñeiro xunto ó busto de Rosalía. | S.Á.

Moaña

Moaña conmemora sempre o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora a data do nacemento da poetisa galega, en Domaio, no centro cultural que leva o seu nome e no que todos os anos o Concello, coa colaboración da Asociación de Mulleres Poza da Moura, fai unha ofrenda floral de camelias ante o busto da autora de «Cantares Gallegos», e no auditorio do centro recitan, fan unha mostra do teatro coa Asociación Charaviscas e soa a música.

Onte viviuse o día co «Caldo de Gloria» inspirado no poema «Miña casiña, meu lar», do poemario «Follas Novas»,a mans das mulleres da asociaciónCharaviscas interpretando como se fai ese cocido rosaliano, caldo humilde dunha muller pobre,que interpretou unha delas coa vestimenta de vella, que conta a súa épica diaria de supervivencia contra a fame.

Soledad Felloza actúa no centro cultural de Domaio. |  S.Á.

Soledad Felloza actúa no centro cultural de Domaio. | S.Á.

Os actos celebráronse na antesala do día 23, que é a data do nacemento de Rosalía de Castro, pola coincidencia da manifestación polo galego de hoxe en Santiago. Na ofrenda, na que o músico Manuel Carballo interpretou o himno galego, estiveron a alcaldesa, Leticia Santos, e a edil de Cultura, Coral Ríos, ademáis do concellal do PP, Alfonso Piñeiro. A rexidora destacou á importancia destes actos no día do nacemento dunha muller que segue inspirando moito despois do seu pasamento. «Porque a poesía, a literarura e lingua galega seguen perdurando séculos despois a súa obra e podemos seguila disfrutando. Na súa obra xa destacaba as dificultades dos galego falantes por entender que tiñan menor nivel cultural. Quedou na cabeza de moitas persoas e impregnada no franquismo». Santos destacó a importancia da manifestación de hoxe en Santiago «por ter a lingua viva, non porque sexa mellor que outra, porque é a nosa. Tamén neste ano Castelao él dicía que se somos galegos e galegas e por obra e gracia do idioma. Nos permite ter a nosa identidade o que nos conecta como pobo, sin ela perdemos a nosa maneira de vir o mundo».

Os actos contaron coa actuación da actriz e contacontos uruguaia afincada en Santiago,Soledad Felloza, que representou «Rosaliana»con poemas da homenaxeada e vestimenta negra e branca, na honra das súas letras e daquela época. O teatro das mulleres, na escola que dirixe Lois Soaxe, é sempre moi agradecido e onte as mulleres nosa Rosalía de Castro. E Para o peche, tamén no centro cultural, actuaron as cantareiras Arco da Vella, da parroquia de e Domaio, con «Cantigas a Rosalía».

Tracking Pixel Contents