Bueu e Domaio renden homenaxe a Rosalía de Castro con literatura, teatro e música
A Biblioteca de Bueu acolle actos este xoves e o luns 24
A ofrenda floral moañesa sera o sábado

A entrega dos Premios Johan Carballeira 2024, con Xosé Luís Mosquera no centro e que presentará este xoves en Bueu o poemario "Trece maneiras de mirar un almanaque". / Gonzalo Núñez
F.G.S.
Os concellos de Bueu e Moaña teñen xa listas as súas programacións ao redor do Día de Rosalía. En Bueu haberá actividades este xoves e o vindeiro luns 24 de febreiro. Así, o xoves terá lugar a presentación do libro «Trece maneiras de mirar un almanaque», de Xosé Luís Mosquera Camba. Trátase do poemario gañador do XXVII Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O galardón, amais da dotación económica, inclúe a publicación do libro por parte de Edicións Xerais. A presentación oficial será na Biblioteca Torrente Ballester, o xoves a partir das 19.30 horas.
A biblioteca municipal tamén acollerá outra actividade o luns 24, neste caso dirixida á cativada. A partir das 17.30 horas haberá un contacontos titulado «Buscando a Rosalía», de Raquel Queizás. O espectáculo, pensado para nenos e nenas a partir de 3 anos de idade, será ás 17.30 horas.
Moaña mantén a tradición de conmemorar o Día de Rosalía no centro sociocultural que leva o nome da matriarca das letras galegas, na parroquia de Domaio. Nesta ocasión será este sábado 22 de febreiro a partir das 18.00 horas. A programación comezará coa ofrenda floral diante do busto da poetisa, coa colaboración da Asociación de Mulleres Poza da Moura e coa actuación de Manuel Carballo. Seguirá a continuación a actividade «Rosaliana», a cargo da contadora Soledad Felloza.
El teatro tomará despois o protagonismo cunha actuación do grupo teatral de Charaviscas e baixo a dirección de Lois Soaxe. A xornada rematará con música tradicional, a cargo das Cantareiras Arco da Vella, que interpretarán varias cantigas adicadas á figura de Rosalía de Castro.
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas
- Reabre la carretera general en Domaio tras 8 horas de corte y el temporal levanta la cubierta de la Escola de O Con
- Investigadas madre e hija por pagar en Cangas con billetes falsos para rodajes en el cine
- La entrada de cuatro caballos obliga a cortar la autovía en el límite entre Cangas y Moaña
- En honor a la componedora de Bueu
- Goteo de dueños de fincas en el Concello para preguntar por el plan de A Rúa
- Las primeras ráfagas de la borrasca Martinho en Cangas.
- Un colegio de Cangas anuncia una querella por acoso contra el centro y algunos profesores