Cangas sae hoxe co galego á rúa cunha mesa e contacontos
Tamén haberá música na Palma | Promociona dous buses gratuitos para a manifestación do 23

A concelleira Xiana Abal na constitución da Plataforma Queremos Galego Cangas. / Gonzalo Núñez
O goberno de Cangas está moi implicado na promoción do galego e a través da Plataforma Queremos Galego Cangas realiza actos para promocionar a manifestación nacional que sairá da Alameda de Santiago, o 23 de febreiro ás 12 horas. A plataforma anima ós veciños a participar nas actividades programadas para hoxe e alude os datos publicados polo IGE en outubre pasado que puso en alerta ao pobo de Cangas: «Os ataques por parte da Xunta ao idioma natural desta terra dende que volveu o PP a gobernar no 2009 conseguiron que por primeira vez na nosa historia o noso idioma non sexa o máis falado na seu propio país». Un 53,6% da poboación de entre 5 e 14 anos e un 43% da faixa de entre 15 e 29 afirma expresarse sempre en español. Por iso que desde a Plataforma de Cangas vaise defender a cultura «con uñas e dentes».
Hoxé, aproveitando a celebración do mercadillo, vaise montar unha mesa informativa para animar a cidadanía a participar na manifestación promocionando dous autobuses gratuitos para que a xente que non dispón de transporte poda acudir. Para os máis novos, organiza ás 18:00 horas o contacontos Codia e Miolo.Unha tarde chea de risas, troula e galeguismo. Será nas inmediacións do parque da alameda nova e se o tempo non acompaña, farase na planta baixa do Concello. Tamén nos Xardíns de Andrea, a mesma hora, haberá unha sesión de música de Dj Otero para a mocidade.. En caso de choiva será no Jato de Mar.
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas
- Reabre la carretera general en Domaio tras 8 horas de corte y el temporal levanta la cubierta de la Escola de O Con
- Un colegio de Cangas anuncia una querella por acoso hacia el centro y algunos profesores
- La entrada de cuatro caballos obliga a cortar la autovía en el límite entre Cangas y Moaña
- En honor a la componedora de Bueu
- Goteo de dueños de fincas en el Concello para preguntar por el plan de A Rúa
- Las primeras ráfagas de la borrasca Martinho en Cangas.
- Los 100 años de «Benigna»