Os Sobreira presentan en Cangas o libro «Un raio de luz na neve»

A publicación repasa a historia da familia do autor, Sobreira Lage, «persoas adiantadas ao seu tempo». A cita é ás 7 da tarde en Óptica Studio

Portada do libro. |  FdV

Portada do libro. | FdV

G.M.P.

Cangas

«Quero presentarvos unha parte da miña familia, os que foron persoas excepcionais e adiantadas ó seu tempo. Tiñan distintas ideoloxías, pero amábanse e respectábanse. Cultivaron a arte, a poesía e todo o que engrandecía e servía ó ser humano sen esperar nada a cambio...» É un extracto do prólogo do libro «Un raio de luz na neve» escrito por Ricardo Sobreira coa colaboración do seu irmán Xoaquín, que se presenta esta tarde (19.00 horas) na Óptica Studio de Cangas (rúa Eugenio Sequeiros, 14).

A publicación incide na orixe e historia do apelido Lage e do matrimonio entre Xosé Lage e Francisca Taboada, tataravós de Ricardo e Xoaquín. Tamén refire vida e obra de Joaquín Sobreira, tío deles e que foi alcalde de Cangas, e doutros membros da familia aos que os autores adican preto de medio centenar de páxinas.

Tracking Pixel Contents