Referentes da cultura, a ciencia e o deporte para fomentar o galego entre a mocidade
Os estudantes procuran figuras coñecidas que falen no idioma propio

Representantes do Concello e dos institutos. | FdV
A campaña 21 días en galego que ten en marcha Moaña suma este ano a uns 1.600 alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria no reto de falar na lingua propia ata o vindeiro 23 de febreiro. Entre as actividades que se organizan arredor deste programa a concelleira de Normalización Lingüística, Dolores Chapela, repartiu nos institutos As Barxas e A Paralaia o cartel de «referentes para revolucionar o galego», ademais dunha guía didáctica e un catálolgo con referentes que teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado.
O obxectivo é que o alumnado procure e comparta o seus propios referentes para transmitir a nosa lingua a través da música, da ciencia, do deporte ou da comunicación. Cada clase deberá cubrir un cartel con figuras de referencia que empreguen normalmente o galego. Entre as categorías están disciplinas como a gastronomía, o deporte, a ciencia e as novas tecnoloxías. A actividade conclúe compartindo o cartel a través das redes sociais. Está dirixida a todo o alumnado da ESO.
- Madre e hija, investigadas en Cangas por intentar pagar con 'dinero de cine
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas
- Reabre la carretera general en Domaio tras 8 horas de corte y el temporal levanta la cubierta de la Escola de O Con
- Investigadas madre e hija por pagar en Cangas con billetes falsos para rodajes en el cine
- La entrada de cuatro caballos obliga a cortar la autovía en el límite entre Cangas y Moaña
- Goteo de dueños de fincas en el Concello para preguntar por el plan de A Rúa
- Las primeras ráfagas de la borrasca Martinho en Cangas.
- Concello y apicultores renuncian a la campaña contra la velutina en Cangas