María Soliña xa non está «soliña»
A asociación canguesa celebrou onte unha gala para festexar o seu décimo aniversario

Un momento del evento en el auditorio cangués. / Gonzalo Núñez
Redacción
«Polos camiños de Cangas/ a voz do vento xemía:/ ai, que soliña quedache,/ María Soliña». Así comezaba un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a María Soliño, un texto que foi adaptado á música por numerosos artistas. Pero María Soliña xa non camiña «soliña» polos camiños de Cangas, nin polos seus areais nin baixo o «terror de auga fría» dos tellados. Hai xa dez anos que se fundou na vila a Asociación Cultural María Soliña, que onte celebrou unha gala para celebrar esa década de actividade e na que quedou ben claro que non está soliña, senón moi ben acompañada.
A celebración tivo lugar no Auditorio de Cangas e polo seu escenario pasaron a banda de gaitas, as pandereteiras e o alumnado das súas escolas tradicionais. E por suposto non podía faltar a presenza do coro feminino María Soliña. A agrupación estivo acompañada neste aniversario por outros colectivos tradicionais da vila, como Lembranzas da Ría e o Grupo de Danzas Pais de San Roque.
A asociación comezou a súa andaina no 2015 e foi dous anos despois cando presentou en sociedade a Banda de Gaitas e Percusión María Soliña, dirixida inicialmente por Pedro A. Fariñas, a quen lle tomou o relevo Marina Fernández Vigo en 2021.
En 2019 creouse a agrupación de pandereteiras baixo a denominación de Trikoloma, primeiro con Anais Barbier e logo con Sandra Diéguez como mestras. En 2021 mudarían o seu nome orixina polo de Pandereteiras de María Soliña.
A asociación non deixa de crecer e desde o ano pasado amplía a súa oferta formativa con clases de costura e patronaxe coa dirección de Ana Parcero.
- Desmantelada una red que traficaba con el ansiolítico Rivotril en Cangas y Vigo: un detenido y médicos de centros de salud y psiquiatras, entre los 16 investigados
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- Barata, adictiva y agresiva: así actúa el Karkubi, la droga mezclada con Rivotril
- Moaña estudia alegar a la solicitud de la pareja de Feijóo para el acceso a la playa
- Los corazones hablan en Moaña
- El Sergas pide «prudencia» y mantiene en ejercicio a los sanitarios investigados