As esculturas de Cangas, na ruta de A Illa dos Ratos

A asociación cultural e o Concello convidan a coñecer lugares emblemáticos este inverno

Representantes do Concello
  e A Illa dos Ratos, onte na
presentación do cartel. |  G.N.

Representantes do Concello e A Illa dos Ratos, onte na presentación do cartel. | G.N.

As rutas guiadas gratuitas por Cangas tamén son para o inverno. E mesmo con alternativas novedosas, como un percorrido polas principais esculturas que realzan artísticamente o municipio. Rebasado o período navideño, a asociación A Illa dos Ratos e o Concello convidan a coñecer algúns deses lugares máis emblemáticos a través do programa «Inverno en Ruta 2025». Aínda que son moitos os foráneos que se apuntan, os promotores convidan a que o fagan tamén os veciños de Cangas, e así é, pois non sempre se coñece o suficiente o que más preto se ten.

Para esta nova campaña veñen de seleccionar seis percorridos, entre os que repetirán grandes clásicos como «O Hío, de pedra en pedra» (2 febreiro), «O Facho, gardián milenario» (16 febreiro), «Aldán, un condado á beira do mar» (22 de febreiro), “Historia das Mulleres de Cangas” (9 de marzo) e «Massó, o sentir dun pobo» (15 marzo), pero tamén se estrenará esa nova ruta titulada “As esculturas de Cangas” (8 febreiro), na que os guías explicarán curiosidades dalgunas desas pezas que se atopan no centro do pobo e as utilizarán como fío condutor para facer un repaso pola historia da vila. A iniciativa conta co respaldo da Fundación Xoán Piñeiro, e mesmo algúns dos seus membros intervirán na camiñata guiada.

As personas interesadas deben inscribirse enviando un whatsapp ao 611080853 indicando un nome completo, ruta á que desexan asistir e o número de prazas. E ademais de ser gratis, optarán a agasalllos, pois xunto co poio do Concello o proxecto conta coa colaboración das empresas Dental Forte, Brisa Bebé e Spa Bienestar de Moaña. Este último fará un 15% de desconto aos asistentes ás rutas, que ademáis entrarán no sorteo de catro entradas ao seu Club Termal.

Desde o colectivo de animación sociocultural e turística e o consistorio, que onte presentaron o «Inverno en Ruta 2025», animan a participar nestas actividades, que veñen de satisfacer a demanda de ocio cultural desde hai anos, con gran éxito de asistencia.

Tracking Pixel Contents