Os jodechinchos pasan por Cangas en «Go home»
David Amor e Josito Porto suben ao escenario do Auditorio de Cangas (mañán, sábado, 20.00 horas) cun «thriller de humor negro» que reflexiona sobre a masificación turística e o protagonismo crecente dun sector que no Morrazo dá moito que falar.

Representación de «Go home» no Teatro Principal de A Estrada. | FdV
Din os artífices de «Go Home” que a nova obra protagonizada por David Amor e Josito Porto, baixo a dirección de Tito Asorey, é algo así como un decálogo de avisos para non ser un mal turista nunha época na que o sector está a ter un protagonismo crecente, para ben ou para mal, que neste «thriller de humor negro» vén representado polos dous personaxes que son espello desa realidade. O espectáculo leva rolando por distintos escenarios de Galicia desde a súa estrea no mes de marzo, e mañán, sábado, ás 20.00 horas, chega ao Autorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela, coas entradas xa á venda desde 13,80 euros na plataforma ataquila.com. Tamén se ofrecerán mañán, nas billeteiras das instalacións, desde dúas horas antes do inicio do espectáculo.
Carlos é un fanático das viaxes que xa experimentou todas as aventuras que as axencias de turismo poden ofrecer, menos unha: a viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai suceder. «A peripecia lévao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que experimentará emocións intensas», entre elas a dúbida e o medo, explican os promotores. Na obra participan figuras da dramaturxia galega, como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xabier Porto. «Trátase dunha comedia comprometida coa realidade e que conta cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade: o turismo e a xentrificación·, abondan. E que en Cangas e no conxunto do Morrazo xa deu, dá a dará moito que falar, por tratarse dun paraíso pretendido de forma masiva e no que os visitantes gañan relevancia cada ano.
«Go Home» é unha peza teatral que observa o mundo cara a cara, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, desvelan. Foi escrita en 2019, antes da pandemia, pero no perde nin un chisco de actualidade porque o mundo avanza nesa dirección. Fronte a Carlos, o personaxe que interpreta David Amor, aparece o tipo ao que lle dá voz Josito, que vive tranquilamente afastado do mundanal ruído e no ten esa teima de andar sempre descubrindo novas culturas e experiencias. Con estas dúas visións representadas, a obra fai rir e pensar, e abre un debate que ten continuidade ao abandonar a sala, como pasou noutras vilas galegas polas que xa pasou.
Os artífices suliñan que a peza ten moitas capas e que é tan apto para os menos asiduos ao teatro (recoméndase, iso si, que sexan maiores de 14 anos) como para os máis familiarizados co xénero. Turismo cultural do bó a disfrutar esta fin de semana á porta da casa, en Cangas.
- Propuestas en donde más bate el mar en Bueu
- El cuento de una abuela de Cangas a su nieto
- Moaña queda con 19 policías tras la emotiva jubilación del agente Gómez
- A algunos había que triplicarles el recibo de la basura
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Padres del Monte Carrasco afean a la UVigo por invitar solo a alumnas a 'Elas Fan CienTec
- Nuevo puesto de vigilancia de playa estilo invernal
- Costas tramita la ocupación de DPMT para la humanización del vial da Praia