IN MEMORIAM
«O mar ruxe máis tristeiro»
A Asociación Aetinape une a súa voz á marea de louvanzas polo pasamento de Bernardino Graña

Bernardino Graña, xunto ó mar en 2019. / Fdv
Profunda dor no colectivo marítimo pesqueiro de Galicia polo pasamento de Bernardino Graña
A relevancia da obra poética do finado escritor Bernardino Graña e a súa relación coa xente do mar está no cerne da gran admiración que suscitou no colectivo marítimo pesqueiro, polo que o feito causou unha profunda dor.
A entidade transmite o seu sentimento á súa familia e amigos que o coidaron e estiveron ao seu carón nos momentos difíciles da súa vida, a quen fixo chegar as seguintes palabras:
“O mar roxe máis tristeiro porque sabe que un dos seus grandes aliados rematou a súa viaxe. Un peregrinar polo tempo brillante e grandioso que puxo luz nas tebras e nos salseiros dunha Galicia irredenta. Longa vida ao poeta para sempre xamais”.
Así, a Asociación Aetinape une a súa voz á marea de louvanzas que este pasamento suscitou non só nos ámbitos culturais e académicos, senón tamén nos laborais, espazos tan relacionados coa atención de creadores coma Graña, que tanta sensibilidade humana proxectou sobre o mar e as súas xentes.
Aetinape (Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera)
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría