Reforestando Coiro
Alumnado do IES Rodeira colabora cos comuneiros na plantación de máis dun centenar de árbores autóctonas no monte de A Fraga

Un grupo de escolares que participaron onte na actividade. / G.N.
Freixos, cerdeiras, pradairos, castiñeiros, carballos ou acibros son algunhas das especies coas que os comuneiros de Coiro están a reforestar os montes da súa titularidade gañando protagonismo aos eucaliptos e piñeiros que foran colonizando o territorio en décadas pasadas. Neste loita, onte contaron coa colaboración de máis de medio centenar de alumnas e alumnos de primeiro curso da ESO no IES Rodeira e as súas mestras de Bioloxía, que os acompañaron nunha xornada formativa e lúdica para coñecer de preto as posibilidades dun monte que se procura «multifuncional», no que se aproveite non só a produción económica a través da madeira», senón tamén como espazo de ocio e disfrute da veciñanza no medio natural e modelo para xeracións futuras.

Comuneiros e alumnado, onte na Fraga de Coiro. / G.N.
As parcelas que se están a reforestar bordean a Fraga de Coiro, preto de varias fervenzas do río Bouzós. Xa se realizaran plantacións noutras campañas, coa participación de distintos grupos escolares dos centros ubicados na parroquia –os Ceip A Rúa e Castrillón e o colexio Casa da Virxe, ademais do IES Rodeira–, pero algunhas das plantas non prenderon ou morreron, polo que onte se repuxeron arredor de 130. Os alcorques foron realizados previamente por membros da Comunidade de Montes, que xestiona máis de medio centenar de hectáreas de monte periurbano, e algúns alumnos atrevéronse onte a coller o sacho e rematar o proceso.

Alumnado do IES Rodeira na plantación árbores en monte comunal de Coiro. / G.N.
«É unha actividade que hai que promover e celebrar desde nenos, mudar especies invasoras por frondosas», animaba unha das moitas persoas que aproveitan o sol e o bo tempo da xornada para disfrutar a calquera hora, a pé ou en bicicleta, dos montes de Coiro, que ademais están bastante accesibles, preto dos núcleos de vivendas. Así mesmo, as actividades escolares contribúen a descubrir e respetar a contorna e un traballo de xestión colectiva do monte vecinal para deixar en herdanza.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los buzos de Gardacostas localizan el cuerpo del pescador de Bueu que se cayó al mar desde su dorna
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- Desgracia en el mar de Bueu: hoy se retoma la búsqueda del pescador que cayó de su dorna cuando regresaba a casa
- El «influencer» detenido por tráfico de Rivotril en 2023 declara que usaron su tarjeta sanitaria
- Los arqueólogos hallan un proyectil de piedra íntegro en la torre de Meira
- Los buzos hallan el cuerpo de Manuel Otero en el lugar del accidente y el pescador será enterrado hoy en Bueu
- La cesión de una finca en Longán permitirá eliminar un «embudo» de tráfico en Cangas