A Festa da Cultura busca candidatos
Convocados os premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño, que se entregan o 17 de maio

A concelleira de Cultura, Aurora Prieto, na entrega de premios da Festa da Cultura o 17 de maio de 2024. / G.Núñez
«Co obxectivo de incentivar, cohesionar e, ao mesmo tempo, recoñecer publicamente o labor de numerosas persoas e colectivos do noso municipio que desenvolven un traballo inxente a prol da nosa cultura, do noso patrimonio e da creación artística, en calquera das súas múltiples facetas», o Concello de Cangas creou institucionalmente os Premios Xohan de Cangas e Ignacio Cerviño, e a Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases que rexen esta convocatoria.
O Premio Xohan de Cangas ao Labor Cultural entregarase á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se veña significando polo seu traballo na defensa e promoción da nosa Cultura en calquera dos seus eidos: música, baile, danza, audiovisuais, teatro, canto, animación sociocultural, tradición oral, cultura popular... E o Premio Xohan de Cangas á Creación Artística distinguirá á persoa, colectivo ou entidade pública ou privada que se teña significado pola súa obra de creación en calquera das facetas.
Con respecto ao Premio Ignacio Cerviño á Recuperación/Promoción do Patrimonio, está dirixido ás persoas, colectivos ou entidades que se teñan distinguido por desenvolver iniciativas de investigación, recuperación, posta en valor ou promoción do noso Patrimonio histórico, artístico, documental, medioambiental ou arquitectónico. Neste apartado poderán ser premiadas tamén obras concretas que vaian en consonancia co obxecto desta convocatoria.
Os premios consisten nun recoñecemento oficial, non levando aparellada remuneración económica. Poderán presentar candidaturas, motivadas, todas as asociacións culturais, veciñais, artísticas e sociais do municipio de Cangas, así como os partidos políticos e grupos municipais da Corporación canguesa, ata o 16 abril, no Rexistro Xeral ou correo electrónico: cultura@cangas.gal. Un xurado decidirá os gañadores o os premios entregaranse na Festa da Cultura, no Auditorio Municipal Pazos Varela, o 17 de maio.
Suscríbete para seguir leyendo
- El cuento de una abuela de Cangas a su nieto
- El arte se abre paso en el mercadillo de Bueu
- A algunos había que triplicarles el recibo de la basura
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Apenas 44 pisos de la comarca están en alquiler y solo tres bajan de 500 euros
- Las Illas Atlánticas superan (otra vez) las 500.000 visitas y Bueu exige convocar la Mesa por Ons
- La vieira vuelve a la lonja de Bueu después de cinco años con abundancia y calidad
- Costas tramita la ocupación de DPMT para la humanización del vial da Praia