Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manuel Uxío, charlas, exposicións e recoñecementos

A Agrupación Cultural Nós lembra nesta segunda e última colaboración ó historiador moañés

Presentación do libro «Os Mecenas da igrexa de San Martiño», escrito no ano 2021. |  (Villa)

Presentación do libro «Os Mecenas da igrexa de San Martiño», escrito no ano 2021. | (Villa)

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Ó abeiro da insistencia de Manuel Uxío para poñer en valor esta contorna histórica, vaise a organizar a primeira Feira e Festa de Moaña Antiqua. Despois, en 2018 créase a Asociación “Moaña Antiqua” a fin de darlle continuación a este acontecemento. Era evidente, que o primeiro pregoeiro elixido sería Manuel, quen leu o manifesto sobre a función que tiñan “Os adros do templo de San Martiño” (2016). A partir de entón viuse comprometido a colaborar con estes eventos, como aconteceu coa presentación do caderno “Os mecenas da igrexa de S. Martiño” (2022). Ademais deste pregón, foi convidado a dalos na romaría de Remeirás na Ameixoada (2010), na do Muíño de Fausto na parroquia de Coiro (2016) e nas festas do Carme en Moaña (2022).

Nomeamento como Cronista Oficial en xullo de 2021. |  (Villa)

Nomeamento como Cronista Oficial en xullo de 2021. | (Villa)

Sobre o ano 2012, paseille a Manuel Uxío o libro “El antiguo Monasterio de Santiago de Ermelo” de Romaní Martínez e Otero Piñeiro Maseda. Pois, a raíz de lelo, foi investigar ao mosteiro de Poio onde había arquivos relacionados con este mosteiro e acabou por dar charlas sobre o tema na igrexa de Ermelo (2015) e no estaleiro do Purro en Bueu (2021). Así era a inquietude de Manuel Uxío. Cando lle interesara algo, non paraba ata buscalo. Para poñer dous exemplos da súa perseveranza, citar a publicación do libro “Couto e Pazo do Rosal” (2013), a partir do caderno escrito por Miguel González Fernández para a A.C. Nós titulado “A Casa Fidalga de O Rosal” (1992) e para o cal, Manuel, desprazouse ás pescusas por Redondela, Pazos de Borbén, Lugo, Corullón ou Vilafranca do Bierzo. O outro exemplo do que non se deu por vencido, foron as arduas xestións para conseguir unha copia do testamento do emigrante Lorenzo de Paredes, nacido no barrio de O Casal, parroquia de S. Martiño, que se conserva no Arquivo Histórico da Universidade de Cauca, Popoyán en Colombia. E de así, sábese hoxe da remodelación e ampliación do templo parroquial feitas a partir do ano 1763, grazas aos 5.000 pesos que enviou o citado Lorenzo Paredes para a confraría de Nª Sª do Rosario da freguesía de San Martiño. Esa copia, deu pé a unha pequena publicación “Os mecenas da igrexa de San Martiño de Moaña” (2021), ampliado posteriormente en libros.

Homenaxe da AVV Berducedo-Piñeiro en 2014. | (Villa)

Homenaxe da AVV Berducedo-Piñeiro en 2014. | (Villa)

Outro dos traballos que máis agradou a Manuel Uxío, foi o tratado sobre a inscrición da porta meridional do templo, grazas á técnica fotogramétrica do arqueólogo Iván Sestay Martínez e a transcrición do latín feita polo profesor José Benito Rodríguez, que veñeron a confirmar a data de construción da templo no 1197, como xa o dixera Ángel del Castilo no ano 1932. O traballo destes tres autores foi recollido nun caderno titulado “Moaña. 820 anos de historia” (2017).

Como diciamos ao principio, a idea de Manuel Uxío era limitarse unicamente aos estudos da freguesía de Moaña ata o século XIX; pero, á medida que ía investigando, ía ampliando o abanico de documentacións e acabou por diversificar as publicacións. Así temos da súa autoría, os libros e cadernos “Parroquia de Santa Baia de Meira” (2016), “San Xoán de Tirán” (2018). “A casa grande do Fuxón” (2013) ou “Méndez Núñez e Tirán” (2019). Debido a este último traballo foi chamado para dar unha conferencia no Centro Galego de Lisboa (2019), e convidado ao acto do 150 Aniversario do falecemento de Méndez Núñez, na alameda de Vigo (2019)..

A prolífica publicación de Manuel Uxío merece un compendio máis amplo, aínda que o substancial está recollido en dous libros. O primeiro “A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos” (2012). Neste caso os autores foron Manuel Uxío García Barreiro, Luís Chapela Bermúdez e Xosé Carlos Villaverde Román. O segundo libro “A parroquia Milenaria de San Martiño de Moaña. Crónicas na evolución da freguesía”, autoría de Manuel Uxío García Barreiro, José Benito Parada e Xosé Carlos Villaverde. Este libro foi presentado na carballeira da Reitoral en xuño de 2024, coincidindo coa festa e feira Moaña Antiqua á que tanto colaborou Manuel Uxío. Aínda que foi unha presentación póstuma, procede subliñar que, Manuel Uxío estivo colaborando e revisando os textos ata o momento de levalo á imprenta.

Era evidente que Manuel Uxío García Barreiro merecera dous recoñecementos locais importantes e de seu agrado. O primeiro de carácter popular, outorgado pola Asociación de Veciños de Berducedo-Piñeiro, premio ao labor social e cultural no ano 2014, e o segundo, institucional no ano 2021, cando o Pleno Municipal nomeouno por unanimidade Cronista Oficial do Concello de Moaña.

TEMAS

Tracking Pixel Contents