Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manuel Uxío, charlas, exposicións e recoñecementos (I)

A Agrupación Cultural Nós lembra en dúas colaboracións ó historiador moañés

Manuel Uxío, nunha charla en 2021 sobre a localización da primeira igrexa.

Manuel Uxío, nunha charla en 2021 sobre a localización da primeira igrexa. / (Villa)

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Xosé carlos Villaverde

Á hora de recompilar datos do currículo do moañés Manuel Uxío García Barreiro (O Cruceiro, 1947-2023) , calquera biógrafo darase conta da capacidade enorme de traballo que tiña, e sorprenderase do seu legado escrito. Viviu en Oviedo durante 31 anos, onde tivo dous fillos e unha filla, pero sen esquecer as orixes facendo un seguimento, vía Internet, das publicacións sobre a historia local da Agrupación Cultural Nós, como nos ten comentado.

A vivencia da súa mocidade no barrio de O Cruceiro, e as axudas ao párroco de Moaña, D.. Donato Sotelo para levar os rexistros dos libros da igrexa, permitiulle un coñecemento interno da freguesía e do templo dedicado a S. Martiño. Enténdese, de que a partir da xubilación anticipada, no ano 2004, a súa preferencia era a procura da historia esquecida e descoñecida dun edificio relixioso de máis de 800 anos de antigüidade e da súa contorna. E esta inquietude xa o demostrara con anterioridade de residir na súa casa natal, pois no ano 2002, aínda residente en Oviedo, publicara un artigo no libro de festas de S. Martiño xunto con Fernando Costa Iglesias sobre as imaxes de pedra e madeira do citado templo parroquial.

A sensibilidade de Manuel Uxío, pola arte relixiosa da iconografía permitiulle, durante as horas de lecer da súa profesión por Asturias, Castela e Galicia, visitar templos que, posteriormente, servíronlle para analizar e comparar coas imaxes da igrexa de S. Martiño de Moaña. Especial admiración tivo pola beleza plástica da Virxe do Carme, que lle deu o ánimo, no ano 2004, para indagar sobre as construcións da imaxes das virxes do Carme mariñeiras, feitas polo imaxinario santiagués José Rivas e seus fillos. Para Manuel, foi unha das esculturas máis fermosas de José Rivas, e unha obra de arte privilexiada que se conserva en Moaña.

Uxío, José Carlos Sánchez Pardo e José Benito Rodríguez Parada, o 25 de xuño de 2022. |  (Villa)

Uxío, José Carlos Sánchez Pardo e José Benito Rodríguez Parada, o 25 de xuño de 2022. | (Villa)

Xa asentado na casa natal de O Cruceiro, a partir de 2005, Manuel Uxío comeza unha espiral de proliferación de investigacións para seus artigos que, en principio, estarían relacionados coa freguesía de Moaña e, máis tarde, estendidos a todas parroquias do Concello; aínda que a súa preferencia era centrarse unicamente na de San Martiño. De feito, ese ano de 2005, publica no libro de festas cinco artigos baseados en documentos varios e recordos da súa mocidade. Isto significa que as memorias da súa mocidade rozaban a narración naif; pero enseguida buscou apoios, tanto na Agrupación Cultural Nós (Manuel A. Méndez, Xesús Cancelas Franco e Xosé Carlos Villaverde) que viña publicando cadernos de historia local, como nos comentarios do profesor cangués Vázquez Marinelli. Despois ampliou seus contactos con Luís Chapela, Jacinto Piñeiro, José Benito Rodríguez Parada, José Carlos Sánchez Prado, Eloy Martínez, Antonio Costa e outros. Mención especial para Gerardo Gayo, veciño e amigo que, ademais de aportarlle abundante documentación e asesoramento, sempre estivo a súa beira para o que necesitara.

Para os que seguiron as publicacións dos artigos Manuel Uxío, teñen coñecementos dabondo dos seus innumerables artigos en prensa, libros de festas ou voceiros das asociacións de veciños; polo que non procede reiterarse. E, nesta entrega, limitarse principalmente a súa comunicación oral, montaxe de exposicións, presentación de libros e homenaxes recibidos. Resulta algo complexo relatar o labor da comunicación oral de Manuel Uxío, porque todas as charlas estaban baseadas nas publicación previas, produtos das investigacións. Ben conferencias, ben proxeccións en Power Point ou ben en pregóns, sempre as relacionaba con seus traballos, ou as elaboraba en función da celebración dunha efeméride, como foi o primeiro caderno “Moaña no camiño do mar” (2006), presentado en Moaña e no Museo Massó de Bueu, para conmemorar o 50 aniversario da naufraxio do “Ave del Mar”. O mesmo fixo para o 50 aniversario do afundimento do “Centoleira” que conferenciou para Asociación Cultural Cacarexo, no Centro Cultural de Coiro (2013) e poucos días despois, a mesma charla, no Salón de Plenos de Moaña, organizada pola Asociación de Mulleres de Moaña.

Imaxe da Virxe do Carme do mestre José Rivas. |  (Villa)

Imaxe da Virxe do Carme do mestre José Rivas. / (Villa)

Outra das conmemoracións foi a exposición montada no Centro Cultural Daniel Castelao de Moaña, baixo o título “180 aniversario da Feira de Abelendo”. Para facer coincidir co día Internacional da Muller Traballadora, publicou e presentou o libro “Mulleres senlleiras que residiron en Moaña (séculos XII a XIX)” (2021), acto programado pola Asociación de Mulleres de Moaña.

Sobre as investigacións, publicacións e mostras, sobre todo relacionado co templo dedicado a San Martiño e parroquia, foi unha constante e reiterativo a fin de poñer en valor, e recuperar esa historia esquecida dese núcleo rural primixenio do Concello. Dende a chegada a súa casa natal, aínda tardou cinco ou seis anos para tomar a iniciativa de aproveitar o patio da Reitoral, acabado de restaurar para Escola Municipal de Música, e montar exposicións con paneis explicativos relacionados coa historia da freguesía. A primeira mostra titulouna “A Moaña do s. XIX” (2011), despois, ano tras ano, ía facendo modificacións con novos paneis como foron “A historia dos tres pazos, Reitoral, O Rosal e Paxarín” (2014) ou a última “Orixe e desenvolvemento da parroquia de Moaña” (2020).

Dicir que, as exposicións as programaba sempre para facelas coincidir coas festas patronais de San Martiño, e adoitaba acompañalas cunha charla relacionada con temas da exposición ou dos novos descubrimentos históricos da freguesía, ou da presentación de algún traballo. As veces, eran celebradas dentro da mesma Reitoral e outras, no interior da Igrexa. Destas conferencias cabe destacar por seu contido histórico as tituladas “8 séculos de Arte e Historia da igrexa d S. Martiño” (2014), “A localización da primeira igrexa coa que naceu nos s. IX e X a parroquia de Moaña” (2021) coa participación dos profesores José Benito Rodríguez Parada e José Carlos Sánchez Prado.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents