No centenario da Unión do Hío | Unha loita por unha sanidade e ensino digno
A sociedade “A Unión”; un século de historia (I)
Foi formada por uns 50 veciños do Hío que emigraran a Arxentina
![A comisión directiva da Sociedad La Unión en 1931. De pé e de esquerda á dereita: un home sen identificar, Ángel Figueroa, Manuel Iglesias (irmán de señor Luis do Pereiro), Eladio Lemos, Feliciano Gutiérrez (pai de José da Chamiceira) e Manuel Martínez (O da Menora). Sentados, de esquerda á dereita: Prudencio Fernández, Manuel Menduíña (Cáritas de Pinténs), Manuel Villar, Manuel Ríos (de Liméns), un home sen identificar e Segundo Otero García.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/6f4a7f66-6367-454a-85b7-7d42f2e2b5b1_16-9-aspect-ratio_default_1346507.jpg)
A comisión directiva da Sociedad La Unión en 1931. De pé e de esquerda á dereita: un home sen identificar, Ángel Figueroa, Manuel Iglesias (irmán de señor Luis do Pereiro), Eladio Lemos, Feliciano Gutiérrez (pai de José da Chamiceira) e Manuel Martínez (O da Menora). Sentados, de esquerda á dereita: Prudencio Fernández, Manuel Menduíña (Cáritas de Pinténs), Manuel Villar, Manuel Ríos (de Liméns), un home sen identificar e Segundo Otero García. / Cedida
Anxo Coya*
Ás actuais asociacións da parroquia do Hío
Tempo atrás, na miña infancia, preguntábame o motivo de porqué había unha rúa no Hío que lle chamaban “A Unión”. Co paso dos anos cheguei a ser coñecedor de que ese nome era un recoñecemento a uns veciños do Hío que emigraran a Arxentina e que foron os promotores para dotar a esta parroquia dunha mellora no eido da asistencia sanitaria.
Hoxe véxome na obriga de cadrar, ao xeito de homenaxe, unhas liñas que honren aos nosos antepasados que loitaron para que O Hío puidese ter unha sanidade e un ensino digno.
![Unha noticia de FARO VIGO, do 13 de xullo de 1924, sobre a primeira reunión trimestral de A Unión.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/624c49d6-0d08-4ce4-b828-0d69d4cac7bb_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Unha noticia de FARO VIGO, do 13 de xullo de 1924, sobre a primeira reunión trimestral de A Unión. / Fdv
A formación da Sociedade de Socorros Mutuos “A Unión” queda constituída o 9 de abril de 1924 por un grupo duns 50 laboriosos veciños que emigraron á Arxentina, maiormente á cidade de Buenos Aires. A data reflíctese no contido dun caderno onde se expresa e define o regulamento dos estatutos da sociedade que consultamos grazas á cortesía da veciña Josefa Iglesias. O caderno viu a luz na imprenta Peón, de Vigo, e era da propiedade do socio José Iglesias Mariño, e nas últimas follas aparecen selados o pagamento mensual dos anos de 1952 ao 1965. Por non estendernos moito, citaremos tan só algúns dos seus artigos máis significativos de xeito textual: “Título I: Nombre y objeto. Artículo 1º- La Sociedad que, con el título LA UNIÓN existe en la parroquia de Hío, Ayuntamiento de Cangas, tiene por objeto atender a los individuos a ella pertenecientes, con asistencia médica en sus enfermedades, o convalencia. Título II. De los socios. Art.2- El número de socios será ilimitado y pueden serlo cuantos lo soliciten, siempre que sean vecinos de las parroquias de Hío, Aldán y Darbo. Pueden ser socios también las mujeres, las que disfrutarán de los mismos beneficios..... TÍTULO IV. Beneficios que concede la Sociedad. Art.11- Tienen derecho todos los asociados, a la asistencia médica a domicilio y en consultorio del mismo que tenga en su casa. A disfrutar las medicinas del botiquín de urgencia que el facultativo tenga en su poder, abonando aquellas, a precios de factura que la Directiva presente, interín la Sociedad no tenga fondos suficientes, para facilitarles gratuitamente....”.
![José Vazquez Posse, o primeiro médico contratado pola Unión, en 1924.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b9306a21-a42e-4522-be4d-ecac285fe30f_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
José Vazquez Posse, o primeiro médico contratado pola Unión, en 1924. / Vida Gallega
Prevalecían nos proxectos da sociedade a escolarización das crianzas e a mellora da sanidade veciñal. O primeiro médico contratado pola entidade foi don José Vázquez Posse. Así o podemos acreditar segundo a primeira reunión do colectivo que se celebrou o 13 de xullo de 1924. A crónica do xornal Faro de Vigo informa do seguinte: “ Celebra hoy la popular Sociedad de Socorros Mutuos “La Unión” de la parroquia de Hío, su primera reunión trimestral para dar á conocer á sus asociados el estado económico de la misma. Su activa Junta directiva que preside el concejal don Manuel Otero Ríos pone todos sus entiasmos para el mejor desempeño del cargo.... La Junta directiva ha trabajado incansablemente para colocar á la Sociedad en el estado floriecente en que se encuentra, teniendo en su voluntad férrea con su constancia con su actividad que vencer no pequeños obstáculos que á su paso se oponían á esa loable labor tan beneficiosa para la parroquia. Y la Sociedad florece que marcha hacia un éxito total, lo proclama muy elocuentemente el significativo dato de que á ella pertenecen 1.633 socios según balance de 30 de Junio último sin añadir nuevos inscritos en lo que vamos de mes. Es de advertir que la parroquia de Hío tiene, según el último censo de población, 2.196 habitantes que si se deducen los pobres y ausentes etcétera se puede decir que á la mencionada Sociedad pertenece casi la totalidad de los vecinos. Cuenta ya “La Unión” con un competentísimo facultativo, el ilustrado médico don José Vázquez Posse, que en su prestigio contribuye al engrandecimiento de esta Sociedad. Uno de los proyectos, entre otros, que en breve va á poner en práctica la Directiva ... es facilitar medicinas gratuítas á sus asociados... Esta Sociedad nacida en Abril último; organizada por un puñado de laboriosos vecinos, que apenas llegaban á medio centenar, está próxima á la cumbre del completo florecimiento...” (Faro de Vigo,13/07/1924).
![Noticia de FARO DE VIGO do 31 de marzo de 1925, na que se informaba da chegada dun novo médico, Enrique García Fociños.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/a5e5f150-764c-4d89-ad1a-ea64c6d5ed0d_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Noticia de FARO DE VIGO do 31 de marzo de 1925, na que se informaba da chegada dun novo médico, Enrique García Fociños. / Fdv
Segundo o mesmo xornal, constátase que no primeiro día de 1925 a comisión directiva desta asociación quedou constituída polos seguintes membros: Manuel Otero Ríos de Liméns como presidente, Manuel Iglesias Hervello (sic) como vice-presidente, José Lorenzo Fernández, secretario, Leonardo Piñeiro Martínez, vice -secretario, Roque Gutiérrez Lemos, contador, e o cargo de tesoureiro correspondeulle á persoa de Manuel Otero Prieto. Foron vocais José Mariño Gutiérrez, Juan Menduíña Otero, Manuel García García, Victoriano Soliño Martínez e Manuel Otero Costas. O número de asociados seguía en aumento, pois en menos dun ano ascenderon a 1.765 socios.
![Noticia de FARO DE VIGO na que se informa de que a sociedade mercara un solar no Igrexario para construir o seu edificio social.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/8652f0c5-739c-407f-a2da-9034f9c8fb00_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Noticia de FARO DE VIGO na que se informa de que a sociedade mercara un solar no Igrexario para construir o seu edificio social. / Fdv
Días máis tarde, concretamente o 13 de xaneiro de 1925, ofreceu unha conferencia na parroquia o avogado don Ramón Salgado. O acto celebrouse no local social do organismo veciñal, que algún informante intuíu no seu día que debeu ser na casa da propiedade de Ramona González Chamadoira, ou ben nunha casa que se atopa arriba da fonte do Gheu.
![Unha nota de prensa da época, do 19 de xullo de 1925, na que se da conta dun suceso na Coruña no que interviu o que fora o primeiro médico da Unión, José Vázquez Posse.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/046e00de-727c-4784-a334-1145778e9f06_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Unha nota de prensa da época, do 19 de xullo de 1925, na que se da conta dun suceso na Coruña no que interviu o que fora o primeiro médico da Unión, José Vázquez Posse. / Cedida
O facultativo José Vázquez Posse fora contratado para exercer o oficio de médico na parroquia, mais non chegou a un ano como tal. Mergullándonos na prensa antiga, recompilamos unha crónica do xornal “El Progreso” na edición do 25 de xullo de 1925, onde menciona ao doutor Vázquez Posse atendendo a un home que se suicidara, tirándose do balcón da súa vivenda da rúa da Amargura (válgame Deus!!), na cidade da Coruña.
En sucesivas edicións do Faro de Vigo do mes de marzo dese ano de 1925, aparece o anuncio para ocupar a praza de médico no Hío rematando o prazo da convocatoria o 20 do mesmo. O soldo do médico ascendía á cantidade de 4000 pesetas anuais. O Faro de Vigo do 31 de marzo de 1925, dinos que tomou posesión da praza o doutor don Enrique García Fociños, sobriño do tenente coronel médico don Alfredo Pérez Viondi, director do Hospital Militar de Vigo por aquela data.
*Investigador e veciño do Hío
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Una familia de cinco generaciones en Aldán
- El frío también llega con manto blanco a O Morrazo
- Un marinero de O Hío muere en su barco cuando recogía nasas frente a Punta Couso
- Vecinos de Tirán alertan de ratas como «conejos»
- Irene «de Fermina», centenaria por San Amaro
- El cumpleaños de Ángeles Cabeiro.
- Aldán renueva su fe invernal en San Amaro