Mestres e escolas | No 50 aniversario do grupo escolar do Hío
O ensino primario na parroquia de O Hío (V)
Algúns contratos e profesorado nas aldeas

Escola na Barreira, Liméns en 1970. / Cedida
Anxo Coya*
Escola Mixta de Liméns
Situada na contorna de O Viso e o camiño de Liméns.
- 1961-62, Matrícula de alumnado: 60-70 nenos e nenas.
- Ao remate do curso facíase un Festival Escolar no antigo Salón de Baile, sito no solar anterior ao actual Restaurante Pereiro.
- 1969, 14 outubro. Está vixente un contrato entre o concello e os propietarios, irmáns Rial, asinado polo veciño de Nerga, Faustino Rial Rodriguez, en representación del mesmo e dos irmáns Luisa, Concepción, Carmen e Manuel, relativo á nomeada «Casa da Bouza» (Escola de Nenos) que ascende a 1.000 ptas mensuais.
Escola Mixta de Nerga
- 1931. En Nerga existía unha escola privada antes da chegada da escola pública, demandando unha subvención municipal a tal fin.
- 1939, 7 xullo. Segundo recolle o rexistro municipal remítese un comunicado a Claudio Blanco na sesión do pasado día 5 xullo, instando que durante o período de vacacións de 1 ao 30 agosto se proceda facer as reparacións que sexan necesarias nos locais habilitados para escola así como o branqueo de paredes e pintado de portas e fiestras.
- 1944, 12 maio. Contrato de alugueiro entre o concello e o veciño Olegario Otero Otero por un tempo de cinco anos cunha cantidade asignada de 60 ptas mensuais.
- 1950. A casa habitación desta escola era na propiedade de Anuncia González Otero con data de contrato de 16 setembro 1949 ata o 7 febreiro 1953.
- 1950, 20 febreiro. Apróbase unha partida de 3.394,15 ptas para obras na nomeada casa–escola e casa-habitación.

Os xemelgos Eliseo e Albino en 1968, Pinténs. / Cesión da familia Martínez García
Apuntes da Escola Nacional Mixta de Pinténs
- 1935, 4 marzo. A xunta de inspectores de Primeira Ensinanza de Pontevedra estuda o traslado da Escola de Pinténs a Aldán, así como a creación dunha Escola Mixta en Pinténs.
- 1935, 15 abril. De novo está o tema sobre a mesa, cuestión que vai provocar polémica ao non considerar esta medida como correcta. A proposta ten varios inconvenientes, aparte da negativa veciñal, como é a da propia distancia duns seis quilómetros. Cando o 7 de xuño se publica na «Gaceta» a creación da Escola Mixta de Aldán, vai a continuar o debate.
- 1935, 22 xuño. Por parte da Xunta Local de Primeira Ensinanza, demándase a creación da Escola de Pinténs, O Hio, servida por mestra.
- 1935, 30 agosto. Neste mesmo ano constitúese unha Comisión de Pais de Alumnos, para analizar a problemática de incumprimentos de horario por parte da mestra. Queda conformada polos seguintes veciños e pais: Ramón Otero Baqueiro (veciño de Pinténs), Jose Piñeiro (pai do neno Benito Piñeiro González e veciño do barrio de Vilanova), Abelardo Lorenzo (de Vilanova), Angel Pardavila, Jose Martínez e José García (veciño de Vilanova), oficiándolles para que veñan o vindeiro 5 setembro. Estes declaran unanimemente a non asistencia en sesión de tarde por parte da mestra, soamente cun horario matinal de 9 a 12 horas.
- 1941, 26 marzo. Inícianse os expedientes para a creación das Escolas Mixtas de Vilanova-Pinténs. Establécese en Vilanova–Pinténs-, nun inmoble casa- vivenda do barrio de Pinténs, pertencente a D. Emilio Martínez Vaqueiro.
- 1948, 11 marzo. O mestre albanel, Apolinar Soliño Cerviño, presenta un presuposto de obra por traballos de albanelería nesta Escola por valor de 2.508 ptas.

Os irmáns Isabel e Francisco Otero en Vilanova, sobre 1956. / Cedida
- 1949, 22 marzo, 12 horas. Asinan o mesmo, o alcalde D. Alfredo Méndez Loureiro e o veciño nomeado Emilio Martínez Vaqueiro, casado, maior de idade, mariñeiro e veciño do lugar de Pinténs, parroquia de Hío, a fin de establecer contrato de arrendamento dunha casa da súa propiedade, situada no mesmo lugar, con destino a unha habitación da mestre da Escola Mixta de Pinténs-Vilanova, coas seguintes cláusulas:
1) Cifra líquida do arrendamento: 1.000 ptas anuais, pagadas por trimestres vencidos nesta Depositaría e con efectos de 1º maio do corrente ano.
2) Prazo de duración: Cinco anos a contar do 1º de maio indicado, prorrogable pola tácita por anos sucesivos.
3) Como para que sexa declarada a habitabilidade da nomeada casa cómpre facer obras por un valor aproximado de 4.500 ptas, estas serán anticipadas polo Concello e retidas dos alugueiros ata a total cancelación do anticipo.
4) A casa da que se fai mención está situada no lugar de Pinténs, O Hío, sendo propiedade do comparecente e linda polo norte camiño de pés; sur Custodio Gregorio; leste máis terreo do comparecente, e oeste Gregorio Custodio.
- 1949, 28 novembro. A mestra demanda do Concello a realización de obras, tellado e ceo raso, na casa habitación da Escola de Pinténs.
- 1950, 20 febreiro. Apróbase unha partida de 8.829,75 ptas para obras Casa Habitación desta Escola. Nese mesmo mes por parte do Concello remítese ao propietario do local Casa Escola de Pinténs, Emilio Martínez Baqueiro, un oficio onde se informa do investimento de 8.829,75 ptas por mor dun arranxo na nomeada vivenda a fin de habilitala para o fin exposto. Esta cantidade anticipada polo Concello ten como consecuencia a non satisfacción por parte do mesmo ao nomeado veciño dende o 1 de abril de 1949 ata o 1 de marzo de 1958.
- 1964, 21 maio. Contrato de alugueiro entre o concello e o veciño, Custodio Figueroa Menduiña, por unha duración de dous anos e unha contía de 75 ptas mensuais.
- 1966, 20 outubro. Escrito de rescisión de contrato de arrendamento de local alugado a este fin ao veciño Custodio Figueroa Menduiña.

Alumnas da escola de Vilariño coa mestra Carmen Cordeiro. / A Cepa
Neses anos impartía clases dona Susana Romero Osende e fíxoo ata o 1968. Prolongouse a escola ata 1970 co exercicio de dona Celia Álvarez Santiago.
- 1971, 9 xullo. Escrito do delegado provincial de Educación e Ciencia, Pontevedra, pedindo ao alcalde de Cangas sirva informar a esta delegación sobre a necesidade ou conveniencia de suprimir a escola de asistencia mixta sita na localidade de Pinténs dese termo municipal, xa que logo carece de matrícula suficiente para o seu funcionamento e ademais o edificio no que ven funcionando ten graves deficiencias, feito que ten motivado a suspensión das clases, sen que ata a data se teñan solucionado aquelas, oficio que será remitido á Comisión Municipal Permanente.
- 1971, 23 xullo. Esta Comisión responde que a nomeada escola foi clausurada o pasado ano pola Sra. Inspectora de zona, alegando que o local estaba en condicións negativas, pero en canto á matrícula sí que había suficiente número de nenos. No pasado curso os alumnos desta Escola ingresaron en «Hogares Provinciales», e neste ano o que decida a inspección de Ensino Primario. Coa clausura da escola, moitos nenos e nenas de Pinténs estudaron noutros lugares como Vigo ou Caldas de Reis.
- 1972, 23 febreiro. A data de supresión desta Escola ten a correspondente orde de data de 23 febreiro 1972, aínda que a rescisión do contrato de Casa Vivenda de Pinténs é comunicada o 15 febreiro 1974, unha vez comprobado pola Comisión Municipal de Ensinanza que non vive nela a mestra nin se dan clases na nomeada escola.

Os irmáns Francisco e Lorenzo Otero na escola de Vilanova da mestra María Mandado Bouzón (1957/58). / Cedida
Escola Mixta de Vilanova
En 1952 foi nomeada como mestra interina para a escola de Vilanova dona María Mandado Bouzón.
- 1956, 23 xuño. Contrato entre o Concello e o veciño José Otero García por unha contía de 100 ptas mensuais para o servizo da Escola. Resaltamos o contrato entre ámbalas partes:
«En la Casa Consistorial del Ayuntamiento de Cangas, provincia de Pontevedra, a veintitrés de junio de mil novecientos cincuenta y seis
Ante el Sr Alcalde, se persona don José Otero García, mayor de edad, casado, vecino del lugar de Vilanova de la parroquia de Hio de este término y manifiesta:
Que es dueño y legítimo poseedor de una casa de planta alta, sita en el lugar de Vilanova de la parroquia de Hío de este término, dentro de un circundado de su propiedad, el cual ha convenido con el Sr Alcalde, el arriendo del bajo de dicho edificio, para la instalación de una Escuela Mixta de nueva creación en dicho lugar, previa realización de algunas obras necesarias para dejarlo en condiciones para el servicio a que se destina.
El Sr Alcalde, en virtud de acuerdo con el Ayuntamiento, contrata con el referido don Jose Otero García, el arriendo del mencionado local, bajo las siguientes
Condiciones:
1ª.- El precio del alquiler del bajo que se le va a ocupar, será el de cien pesetas mensuales, pagaderas por trimestres vencidos
2ª.- El contrato será por diez años, prorrogables por la tácita si ninguna de las partes renunciase a ello.
3ª.- El arrendador se compromete a efectuar cada año el blanqueo del local por su cuenta
4ª.-Todos los deterioros que se ocasionen en el mismo serán reparados por cuenta del Ayuntamiento
5ª Para la reparación que haya que efectuar en el local hasta dejarlo en condiciones de ser ocupado, se le anticipará con cargo a los alquileres, la cantidad de siete mil doscientas veinte pesetas, hasta su amortización
6ª Las obras a efectuar en dicho local, estarán terminadas en el plazo de dos meses a partir de la fecha de este contrato y de no estarlo será responsable el propietario de la cantidad anticipada, que se le podrá exigir su devolución por este Ayuntamiento ante los Tribunales competentes, siendo en este caso, los gastos que ello ocasione, a cuenta y cargo del arrendador.
Así lo dijeron, otorgan y firman, previa lectura de este contrato, en el que se afirman y ratifican, de que certifico. El Alcalde, J. Solla El Arrendador, Jose Otero García».
*Veciño do Hío e investigador
Suscríbete para seguir leyendo
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- El vendedor al que robaron cupones de la ONCE: «El seguro no me los cubre»
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- Un coche vuelca en la autovía con cuatro ocupantes que logran salir por su propio pie
- Entre tazas de vino y castañas
- Tres monjas de Monforte en la casa de Sestadelo, en Aldán
- Cangas bate récords de centolla con 1.407 kilos en la primera subasta de la campaña