«Capacidade de integrar e inspirador de proxectos»
Destacan o seu amor pola lingua, o traballo como antólogo e tradutor, o compromiso político no eido cultural e educativo

Retrato de Harguindey por Camilio Camaño Xestido. / Camilio Camaño Xestido
Colectivo Organizador da Homenaxe a Harguindey
O pasamento de Henrique Harguindey non por agardado deixa de ser unha nova dolorosa para os que o coñecemos e compartimos con el proxectos. Profesor de francés, antólogo, reputado e concienciudo tradutor, activista cultural... Foron tantas as facetas de Quique, como o chamamos os amigos, que non saberiamos cal destacar.
Como antólogo entendeu o uso pedagóxico do xogo infantil, a súa eficacia na transmisión da linguaxe e por iso ese foi un dos traballos destacados que asumiu con Maruxa, a súa compañeira sempre, coa que publicou varios libros de caracter didáctico sobre lingua e xeografía. As Lerias e enredos para os máis pequenos e a Antoloxía do conto popular galego foron notables instrumentos didácticos.

Con Sangabriel e Abalo, na Corporación 1987-1991. | Cameselle
Como tradutor acometeu os traballos con rigor e unha corrección exquisita. A súa versión do "Gargantúa e Pantagruel" foi Premio Ramón Cabanillas da Xunta de Galicia no ano 1990 e a da "Historia do nobre Ponto que foi rei de Galiza e da Bretaña" recibiu o premio na II Gala do libro galego.
Grande era o seu amor pola lingua que o levou, dentro do grupo Maré do Morrazo, a desenvolver un traballo de recollida e investigación durante 20 anos no léxico e expresións propias da nosa bisbarra. Traballo recollido no libro "Unha maré de palabras", publicado polo Museo Massó, e en varios artigos na Revista Galega de Dialectoloxía. A súa desbordante xenerosidade mesmo o levou a crear unha páxina web na que se pode consultar e baixar unha gran parte da súa obra como tradutor e investigador.

Con Xosé Manuel Pazos, en lembranza á «Lúa de Cangas». | G.Núñez
No ámbito político, desde que saíu elixido concelleiro nas primeiras eleccións municipais, de 1979 a 1983, ou nos períodos posteriores, asumiu responsabilidade no ámbito cultural e educativo. Ademais de concibir as Festas do Cristo como un evento colaborativo no que invitou a todas as asociacións e encheu todo o mes de agosto de eventos culturais e festivos diversos. Plantexou a conveniencia de contar con equipamentos culturais tan necesarios como unha biblioteca municipal, que se vería concretada coa posterior construción da Casa da cultura con outro goberno. A primeira vez que o escoitamos falar da posibilidade dun auditorio ou dun conservatorio, parecíanos unha marcianada. Marcianada que despois, grazas ao impulso colectivo tamén se levou a cabo por outro goberno. Tamén soubo valorar a importancia da conservación do patrimonio arqueolóxico e monumental.

Con Mónica Camaño, na homenaxe no Auditorio. / FdV
En colaboración con diferentes grupos arqueolóxicos e museos iniciou o inventario arqueolóxico e aprtir del, iniciou un plan de proteccións dos petróglifos. Cando considerou que a política cultural non ía por onde el cría, deu desde a sociedade civil pasos para contrarrestar o desinterese da administración. A Asociación Cívico Cultural Xiria nace desa necesidade de revitalizar o tecido cultural. Botan a andar a Mostra de Teatro Cómico e Festivo e participa na tradución desde o francés de pezas teatrais de grandes autores como Alfred Jarrie ou Moliere.
Hai aproximadamente tres anos un grupo de persoas cremos que era o momento de recoñecerlle o que supuxo, non só para cada un de nós a nivel persoal, senón para Cangas e o pobo cangués. No persoal, todos valoramos a súa capacidade de integración, o respecto aínda nas discrepancias, a súa capacidade de ser firme nos principios e correcto nas formas. Para Cangas foi inspirador de proxectos importantes. Aínda que poida ser manida a expresión, foi un bo e xeneroso.
- Las excavaciones arqueológicas descubren la puerta de acceso a la torre medieval de Meira
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- El Concello ya había multado por ruidos a la discoteca que actúa como ‘after hours’
- Identifican al presunto autor de un robo en un comercio de Cangas, que se llevó material por valor de 1.500 euros
- «Afouteza», un nuevo himno para el Celta desde O Morrazo
- Un motorista herido tras colisionar con un coche en el centro de Cangas y salir despedido
- La Guardia Civil investiga una serie de robos en viviendas de Cela y Bueu