Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O ensino primario na parroquia de o Hío (IV)

No 50 Aniversario do seu Grupo Escolar -Mestres e Escolas (III). Levantamento militar e Franquismo (1936 – 1950).

Alumnas con María del Carmen Quijo en Vilariño.

Alumnas con María del Carmen Quijo en Vilariño. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Anxo Coya

Cangas

Escola de Nenas. O Igrexario.

María del Consejo Álvarez Mariño (outubro 1932 - 1940 ); Adela Palacios Costero (1934 - 1937..); Ángeles González de Ferrín Díaz (1936-37); Josefa Pérez Moledo (1937-1942); Filomena González Rodal (setembro 1938); Dolores González Laredo (1943-45); Felisa Rodríguez Lage (1949-53);

Escola de Nenos. O Igrexario

José Piñeiro Camiña (1933-1936); Heliodoro Domínguez Miguélez ((25 xuño 1936-..); Juan Carbón Barros (novembro 1938-1940..); Manuel Álvarez Álvarez (interino, marzo.1940); Jose María López de Guereñu Rey (1942); Germán Gómez Otero (1943); Herminio Santamaría Maupettit (1949-51); Félix Lede Oubiña (1951-52)

Escola Mixta de Vilanova-Pinténs

Manuel Menduíña Davila sobre 1935 impartía clases en Pinténs con horario nocturno. Salvador Ferrín Malvaseda (1936-37-1939…); Ángela Rivas Pato (novembro 1949-..1950-51..); Consuelo Davila Álvarez (1962-1972.)

Os irmáns Francisco e Carmen Otero, na escola de Vilanova, nos anos 50. |  Arquivo do autor

Os irmáns Francisco e Carmen Otero, na escola de Vilanova, nos anos 50. / Arquivo do autor

Escola de Nenas de Donón

Rosa Trigo Ronquete (outubro 1947); Concepción Crespo Rivas (1959-60); Concepción Cortizo (1970)

Escola Mixta de Donón

Rosa Trigo Ronquete (1950); Concepción Crespo ( 1959-60), Concepción Fandiño Soto ( 1969 – 1974); Blanca G. Veiga (1971-72).

Localización: Na planta baixa dunha vivenda no cruce de Eiravella. O baixo, alugado, estaba compartido cunha tenda de ultramarinos, que tiña acceso polo outro lado da finca. Constaba dunha soa aula onde estudaban xuntas todas as idades.

Segundo a orde de creación de 23 febreiro 1946 (BOE 2 marzo 1946), reúnense Joaquín Sobrerira Laje (alcalde de Cangas), Jesús González Graña (inspector municipal de sanidade), Santiago González Pazó (mestre de obras), María Cruz Pérez González (inspectora de E. Primaria), Eduardo Seijas Guerra (como secretario). Tras analizar diferente base en relación coa súa poboación (195 habitantes de dereito), certifícase o seguinte Inventario de Material adquirido: crucifixo, imaxe da Purísima, escudo e bandeira nacionais, retrato do Xeneralísimo, mesa con escribanía, selo, tres cadeiras, un reloxo, cinco mesas planas con seis prazas e trinta cadeiras de madeira, esfera terrestre, mapas de Pontevedra, Galicia, España, Europa e América, dous taboleiros de madeira, vinte e cinco pizarras, rexistro escolar, libro Visitas de Inspección, vinte e catro exemplares de Rayas 1º Grado, vinte e catro de Rayas 2º Grado, doce libros de Lecturas, doce Lecciones de Cosas, vinte e catro Enciclopedias Grado Preparativo, doce Aventuras del Mar, de M. Otamendi, doce Cristo la Verdad, Serrano de Haro, doce Fábulas de Sanmaniego, doce Viajando por España, unha Explicación de los Evangelios, Llorente, cincuenta Catecismo, Padre Astete, cen libretas, dúas caixas de plumas, dúas de pizarríns, dez cartabóns, dez regras de madeira, un compás, seis estoxos de costura, cincuenta cadernos de debuxo, dez tinteiros, caixa de manecillas, vinte lápices, .”.

Nesa mesma reunión establécese contrato de alugueiro para Casa Escola co veciño Feliciano Fernández Rodríguez, contrato que se estenderá ata a década de 1970.

- 1950, 5 xullo. O contrato entre ambas partes ascende á cantidade de 1.020 ptas anuais, cunha mensualidade de 85 ptas.

- 1950, 26 xullo. O nomeado veciño demanda o incremento de alugueiro da casa escola e vivenda da mestra de Donón, dándose conformidade á cantidade de 125 ptas ao mes.

- 1970, 22 agosto. Temos referencia duns arranxos.

- 1971, 13 decembro. A clausura ten esta data, aínda que vai ser efectiva coa concentración escolar do Grupo Escolar de O Hío..

Vicente Lorenzo, na escola en 1958. |  Cesión de Vicente Lorenzo

Vicente Lorenzo, na escola en 1958. | Cesión de Vicente Lorenzo

Escola Mixta de Liméns

Maria Rosa Fernandez Soto (1961-62- 1971..)

Escola de Nenas de Nerga

Josefa Pérez Moledo - ( 1938-39....1944-45.…); Francisca Legarda Ferro (...1949...1952..); Gloria López Freire; Germán González e súa esposa Fredesvinda (nos anos 60); Celia Jorge Soto (..-1971..)

Escola Mixta de Nerga

Luciano Olegario Otero Fernández (1922); Feliciano Fernández (1931)

Escola de Nenas de Vilariño

Heliodora Dominguez Miguélez – (1936); Concepción Vallo Salgado – (1950); María Manuela Graña – (1951-1958); María Carbó ( 1961 – 1968 ); Maria del Carmen Quijo – (1965-66); María Carmen Cordeiro Solla – (1970..1972..); María Carmen Fernandez Alvarez (..-1971..)

Escola de Nenos de Vilariño

Manuel Escribano Sánchez - (1951-52.- 1958); Francisco Fernández Gallego (13 abril 1953); Manuel Graña (1953....1957…); Manuel Escariz Asorey – (1957-58….)

Particulares de Pago

Redosindo Lemos Vaqueiro (Vilanova), José Iglesias (Igrexario), no 1940-1950, O Viso, clases particulares impartidas por Juan “Xoaneiro”, traballador de Massó.

Escola Mixta de Vilariño

- 1949, 3 marzo. Visita oficial por parte da alcaldía, Alfredo Méndez Loureiro, e do inspector de Sanidade, José González Arís.

- 1949, 15 xaneiro. Alugueiro. Contía de 200 ptas mensuais, desdobradas en 125 ptas en concepto de alugueiro de Local Escola e 75 ptas en concepto de casa habitación.

- 1950, febreiro. A casa escola e a casa habitación estaban alugadas polo concello na propiedade de José M. González Martínez, con data de contrato de 1 decembro 1949 ata 30 setembro 1950.

- 1952, 6 outubro. A Escola Mixta de Vilariño desdóbrase en dúas: Unitaria de Nenos con mestre, Unitaria de Nenas con mestra.

Sobre 1952 na casa de Angel González Cerviño, “ O Ghalo”, daba clases D. Manuel Escribano. A destacar a representación dunha obra teatral.

- 1970-1974. Está asinado un contrato de arrendo entre o concello e o veciño Ángel González Cerviño, para a casa vivenda de mestra da Escola de Nenas de Vilariño.

Escolas Mixtas de Vilanova-Pinténs e Donón

A 26 marzo 1941 inícianse os expedientes para a creación das Escolas Mixtas de Vilanova-Pinténs e Donón.

O ensino primario na parroquia de o Hío (IV)

Escola de Vilariño, 1952 / Cedida

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents