MESTRES E ESCOLAS (II) | O Hío (1902-1936)
O ensino primario na parroquia de O Hío (II)
A monarquía, a II República e os cambios no sistema educativo

Escola de nenos no Pazo do Outeiro, sobre 1912. / Cesión de César Baqueiro
Anxo Coya*
A Eusebio González Portela, in memoriam
No século XX o impulso no campo da educación vai ser importante no obxectivo de estender a escolarización a todos os lugares e parroquias. Por Lei de Orzamentos de marzo 1900 foi creado o Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, organismo que ata entón tiña sido unha Dirección Xeral do Ministerio de Fomento. En 1901, sendo ministro de I. Pública o Conde de Romanones, o Estado faise cargo das dúas terceiras partes do soldo dos mestres, xa que logo os pais deberían responsabilizarse dunha parte. Por 1903 os mestres acadan a condición de funcionarios de Estado. No R. D. de 22 marzo 1905 o Réxime de Primeira Ensinanza Oficial informa da obriga de crear unha Escola de Nenos ou de Nenas nas poboacións de menos de 600 habitantes, e unha de cada (nenos e nenas) nas localidades de 600 a 9.000 habitantes.
Son pois estes primeiros anos do novo século dun certo aperturismo. A xubilación retribuída, a redución do horario lectivo, un período de vacacións máis amplo, a concentración de clases en sesión de mañá, son claros avances en todos os sentidos.
Noutro ámbito, a ensinanza confesional impartida polas ordes relixiosas incrementou a súa actividade a pesar dos controis sobre este ensino que pretenderon incorporar algúns gobernos liberais. En 1908 a porcentaxe de asistencia escolar en Galiza era do 65%, mentres que este dato a nivel de estado era do 74,3%. O absentismo feminino era inferior ao masculino.

Escola de nenas no Pazo do Outeiro sobre 1912. / Cesión de Benigna
A situación do ensino en Cangas, como en xeral en Galicia, foi bastante precaria. Segundo apuntan Antonio Nores Soliño e Iago Santos Castroviejo en «Historia de Cangas-1900-36:» Hai moi poucas escolas públicas. A información que temos destas escolas e da educación que se recibe son máis ben deplorables, mestres severos impoñendo, mesmo coa violencia física, unha disciplina excesiva para os nenos. Por outro lado, os programas de aprendizaxe da escola española son ben simples e insuficientes: unha énfase na educación relixiosa (a cartilla), en aprender a ler, escribir, as catro regras, .. nada de orientación profesional. Aparte disto os nenos van dende moi cedo ao mar cos seus pais. Dende os 8 ou 9 anos xa son útiles para o traballo familiar..»
As solucións pasaban, entre outras, por mellorar as condicións das escolas incompletas, os locais e as condicións hixiénico-pedagóxicas, exposición dos traballos escolares, incrementar a permanencia en filas dos non asistentes á escola, creación de escolas nocturnas, poñer penas aos pais e autoridades locais, horario compatible cos traballos dos distintos sectores, retribución totalmente a cargo dos concellos e non das familias, a construción dos locais-escolas por parte dos concellos, supresión da dotación de escolas incompletas e reformas das Escolas Normais, propúñanse como saída gradual á grande problemática existente.
O Informe da Xunta Local de Ensino de Cangas, 20 decembro 1912, Escola Pública Mixta de O Hío, dinos: Mestra: Donata Gregorio, danos unha clara visión deste tempo: «En esta escuela que ocupa quinto lugar en la clasificación de la Junta, según el estado de las del distrito, hay concurrencia de alumnos y el local en que se congregan es bastante regular. Son completos el orden y la disciplina. Se nota gran deficiencia de material. En este centro existen algunas secciones de niños y otras de niñas que saben escribir y leer; esto último con defectos de pronunciación. También practican algo rudimentario de Aritmética. En Doctrina contestan bastante bien y algunos alumnos dan razón de ligerísimas nociones de Historia Sagrada. En Gramática dicen poquísimo y en Geografía nada. Las niñas presentan labores..»

Escola coa mestra María del Consejo Álvarez. Anos 1935-36. / Cedida
Chega a Segunda República (1931-36) con Francisco Eiroa Graña e Agustín Jorge Etxeberri na alcaldía de Cangas. O artigo 48 da Constitución de 1931 expresa claramente o sentir da política educativa e cultural do novo réxime:“O servizo da cultura é atribución esencial do Estado»,»O ensino primario será gratuíto e obrigatorio», «O ensino será laico, fará do traballo o eixo da actividade metodolóxica e inspirarase nos ideais da solidariedade humana», A República vai supoñer no seu primeiro bienio un cambio innovador respecto da etapa anterior. Os principios integradores do laicismo, paz, tolerancia, solidariedade, conformaron, xuntamente co bilingüismo e a coeducación, un modelo educativo aínda hoxe referente na historia. Educación da muller, Misións Pedagóxicas, posta en valor do noso idioma. O ensino primario recibe un impulso dun xeito decidido coa creación de escolas (27.000 escolas do Plano Quinquenal), bibliotecas, cantinas escolares, etc.
Este período representou todo un cambio para a educación no utópico intento de reducir o índice de analfabetismo. Alfabetización, Escola, serán consideradas como necesidades básicas. Escolas Nacionais e dos Pósitos Marítimos, a creación da Escola Elemental de Pesca, recibirán o apoio e a ilusión de transformar e mellorar a situación educativa.
O Ministerio de Instrución Pública vai facilitar o acceso á educación, sendo de balde o ensino primario. Foron eliminados das escolas as figuras relixiosas que representan a Cristo crucificado. Este acto causou no 1932 numerosas manifestacións en contra da República en Aldán, onde unhas 500 mulleres daban voces e gritos clamando a «Cristo Rey» para que volvese a pendurar das paredes das escolas a efixie de Xesucristo.
- 1932, 8 outubro.
Escola Mestre/a Nenos – O Hío: Dalmiro Peón
Nenas - id. Mª Consejo Álvarez
1932. Época Republicana. Mobiliario de Aula.
Escudo e bandeira nacionais, Alegoría á República, Rexistros regulamentarios, vinte e catro Rayas 1º Grado, vinte e catro Rayas de 2º Grado, doce Rayas de 3º Grado, doce Mi primer libro e Mi segundo libro de Pla Gargo, doce Mi primer libro de Historia, doce Mi segundo libro de Historia de G. Linacero, doce El Cielo de Ascarza, doce Enciclopedias de Primeiro Grado, doce Enciclopedias de Segundo Grado, doce Maravillas del Cuerpo Humano de Seix Barral, selo de caucho, reloxo de parede, esfera terrestre e mapas de tela e medias canas de Pontevedra e Galicia, mapas de España, Europa, América e Mundi, colección de cadros de Fisioloxía, colección de pesas e medidas do sistema métrico decimal, dous encerados murais, trinta e seis pizarras de man, cen libretas de escritura e tres quilos de cuartillas, trintaeseis lapiceiros, catro caixas de plumas, unha caixa de mans, catro caixas de pizarríns, seis caixas de clarión, doce tinteiros de laca planos, un compás de madeira e doce pequenos, doce regras e doce cartabóns, mesas planas e cadeiras para 50 alumnos, unha mesa, tres cadeiras, unha escribanía completa, un armario librería, enseres de limpeza
- 1935, 4 xaneiro. Xunta Local. Profesorado das Escolas nacionais
Escola Mestre/a Nenos – O Hío: Adela Palacios Costero.
Nenas - id. Mª Consejo Álvarez.

Enciclopedia escolar. / Cesión de César Baqueiro
Apuntamentos de mestres e escolas no Hío.
Escola Incompleta de Nenas – O Igrexario. (375 ptas no inicio do século)
Teresa García Hermo (1902); Ana Donata Gregorio (1902 -1916); María Pastoriza Carballo (... – 19 decembro 1913 ); María A. García Iglesias (1917); Eugenia Dominguez Fernández (1916–1917); María A. García Iglesias (1917-.1929); Constanta Gonzalez Rodal ( 1930-32); María del Consejo Álvarez Mariño (outubro 1932-1940); Adela Palacios Costero (1934-1937); Ángeles González de Ferrín Díaz (1936..1937..);
Escola Incompleta de Nenos. O Igrexario
Manuel Bermúdez García (1889–1903); Manuel González Bermúdez (1901); Antonio Gregorio Parada (novembro 1912): Manuel Quintela Ruíz (xaneiro 1916–10 abril 1916); Vicente Viñas Novás (abril 1916–agosto 1923); Ramón Recamán Porta (setembro 1923); Jose Diaz Corbacho (interino, xaneiro 1924, sen incorporar); Luciano Otero Fernández (interino) (xaneiro 1924 – marzo 1924); Casimiro Redondo Bugallo (interino, 1924, matrícula de 74 nenos); Evilasio González Zamora (1925–setembro 1926, matrícula de 43 nenos); Luis Carregal Peón (novembro 1926 -..); José Vicente Borrás Castell (agosto 1927–outubro 1931, matrícula de 64 nenos); Edelmiro Peón López (1932); Feliciano Fernández (auxiliar) (1932-34); José Piñeiro Camiña (1933-1936); Heliodoro Domínguez Miguélez (cursillista en expectación de destino, 25 xuño 1936).
Fragmento da conversa de Xoán Chillón con Xermana Lima González (O Hío, 1928). Escola de Dona María del Consejo Álvarez (1934-1942)
“A primeira, e a última escola onde fun, foi no Hío, fronte á mesma igrexa. Íamos mulleres só. Alí estiven dende os cinco anos ata os trece, oito anos. Non quixen ir máis e despois chorei. A miña mestra non quería que me fora. Era unha mestra, Dona María, que viña de Pontevedra. Unha vez veu unha mestra substituta que me aprendeu a calcetar. Era da familia dos Mau Mau. Debía estar casada e viñan da parte de Tirán ou por alá.
A escola estaba chea. Eramos unhas vinte e tantas ou trinta, só mulleres. Nos último anos xa axudaba un pouquiño. A xornada escolar era de luns a sábado. O único día que non había era o xoves pola tarde, de descanso. O horario, pola mañá de 9 a 12, e pola tarde, de 3 ata as 6. Había que ir andando dende a miña casa, un quilómetro ou máis, con frío ou calor. Cando chovía…
Eu nunca faltaba. Tomaba lista. Aquela muller tiña que traballar bastante. Eramos de seis anos ata catorce. O meu pai quería que seguira, pero era para axudarlle á miña nai. Eramos varios irmáns.
As vacacións eran como agora, por xullo e agosto. As de Navidad…Na aula estabamos nun banco longo. Pizarras, pizarríns, mesas con tinteiros,...Había uns encerados onde se escribía con xiz. Había libros. Tiñamos unha clase de Lectura. Os libros estaban alí. Liamos. «El Quijote», que a min encantábame. Era a última que lía. Cando fun para esta escola eu xa sabía ler. Antes de ir puxeran escola alí onde vivía un home, que andaba cunha muleta. Chamábase Feliciano. Na terceira casa despois da nosa, sen cruzar a estrada, nun baixo, daba clases a rapaces pequenos, e eu tamén quería ir, e ía aprendendo as primeiras letras, e esas cousas así. Feliciano era do centro de Liméns,
Aprendíamos gramática, matemáticas, lectura, debuxo, historia,..Era moi boa mestra.
O mes de maio chamábase o mes das flores. Entón no Hío esa mestra ensinounos a ler e dicir poesías. Traíaas elas, escribía a máquina e traíaas. Unha vez fixo un coro de rapazas. Eramos seis ou sete. Cada unha dicía sobre unha flor. Había rosa, caravel, ...outra flor.
Non recordo nada de premios. De castigos, algún castigo «de rodillas» e con brazos abertos, si. Eu non recordo que me castigaran a min. Nunca os tiven. Había compañeiras que só querían enredar, falaban moi alto. Eu nunca os tiven. Presentaba os traballos, e non nunca me castigaron. Era poñer de xeonllos por non facer as cousas. Dona María non pegaba. Dicíame: ‘Se fosen todas coma ti’.»

Escola en 1936 co mestre José Piñeiro Camiña. / Cesión Eusebio González Portela
Do 1936 adiante
O levantamento militar de 1936 truncou aquela agardada primavera de esperanza. Profesionais do ensino foron destituídos, perseguidos, encarcerados e incluso asasinados.
Estando en vida o veciño do Hío Eusebio González Portela, fíxonos cesión dunha magnífica estampa do 1936, da súa nenez na escola en tempos da República. Grazas a súa memoria foi posible recompilar o nome dos máis de sesenta rapaces que aparecen na imaxe.
Os nomes asignados son : 1-Manuel Sotelo Villar (Pumbarabá), 2- Leopoldo Coya Franco, 3- José García Padín, 4-Serafín («Pin»), 5- Benjamín Guimeráns, 6- Manuel García Padín, 7-Manuel García Piñeiro, 8- Raimundo (fillo de María da Cova), 9- Indalecio (cuñado do Asturiano), 10-Tomás Otero Morgade (aínda vive hoxe), 11- José Lorenzo (de Andrés de Camilo), 12- Manuel da Ponte (o da cantiga do Ghato metido no saco), 13- Luis Piñeiro Mariño, 14- Bernardino Álvarez Iglesias, 15-Pepe, 16- Alfredo (o taxista da Barreira), 17- Feliciano Lluque Villar, 18- Manolo , 19- Severino Barreiro Franco (irmán de Saúl), 20- José Piñeiro Vaqueiro, 21-Antonio Lorenzo (fillo de Andrés de Camilo), 22 e 23- Eusebio González Portela e Serafín (irmáns), 24- Benigno Suárez Mariño, 25-Antonio Millán Vaqueiro, 26- Pepe («O Isqueiro» ou o de Concordia), 27 e 28- Abelardo e Manolo (fillos do mestre da imaxe), 29- José Pardavila Rial, 30- Currás de Liméns? (sen aclarar), 31- Alfonso Rial Rodríguez (da Barreira), 32- José Fernández Iglesias, 33- Alejandro Martínez, 34- Serafín «Subrido», 35-Pepe «Pernachica», 36- José Piñeiro Camiña (mestre), 37-Paco ou Guillermo Cordeiro, 38- José Iglesias Mariño, 39-Argentino Barreiro Franco, 40-Benigno Suárez Mariño, 41- Jaime Portas , 42- Leopoldo Piñeiro Coya, 43- Gilito García, 44- Andrés Piñeiro Coya (da Testada), 45- Andrés, 46-Manuel Vaqueiro Pardavila, 47- Manuel Piñeiro Vaqueiro, 48- Eduardo Martínez, 49- Luis Iglesias Mariño, 50- Celestino Vaqueiro Pardavila, 51- Heriberto García, 52-?, 53- Clavijo (fillo dun carabinero), 54- Javier Portela, 55- José Otero Paz, 56- Manuel Cordeiro, 57-Manuel Martínez Portela, 58- José «o de Laura», 59- Manolo , 60-Serafín (irmán de Manita), 61- Serafín Piñeiro, 62- Serafín Coya Franco, 63- Ramón (O de Eladio), 64-José Iglesias Couso.
*Investigador e veciño do Hío
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría
