Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A evolución do transporte de ría (III)

Chegan os vapores de Fábregas

O vapor Vigo inauguraría o correo por mar a Cangas en 1916. |

O vapor Vigo inauguraría o correo por mar a Cangas en 1916. | / Arquivo do autor

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Xerardo Dasairas

Cangas
Nun traballo anterior sobre comunicacións e transportes (F. de V. 9-2-2014), xa comentaramos como no ano 1916 se producira un importante punto de inflexión no referente á pasaxe de ría. Nese ano, a empresa de Vapores Fábregas non só mudaría o nome a Vapores de Pasaje y Turismo senón que ao se facer coa condución oficial do correo, intentaría monopolizar as rutas marítimas da pasaxe na ría de Vigo e noutras das rias Baixas e Altas. Esta postura daría pé a unha feroz competencia que se había manter durante anos.

Neste maremagnum de empresas e competencias, xa detectado por Bernardo Máiz no seu traballo sobre este tema, vai aparecer tamén no 1911 co vapor Vigo, a empresa denominada “Vapores Fábregas” que no ano seguinte xa se denominaría como “Vapores de Pasaje y Turismo”, estabilizando as rutas entre Vigo e os portos de San Adrián, Domaio, Meira, Moaña, O Con e Cangas, ademais doutros puntos da ría aos que viña realizando diversas excursións. Tamén nestas datas, a empresa de Riera intentaría competir con Vapores incorporando os barcos María e Carmen que xa operaran anteriormente noutras compañías.

Botadura do María Luisa en 1922. |  Arquivo do autor

Excursion a San Simón en 1920 / Arquivo do autor

Mais Vapores, ante isto, ía ampliar logo o servizo cos xa coñecidos Marcelino Barreras, Méndez Núñez ou Ángel Urzáiz o que dá pé a que o Concello de Cangas empezase a facer xestións para o traslado do correo por vía marítima. O prezo dos billetes nestas datas era de 0,50 cts para 1ª clase e de 0,30 cts. en segunda, para todas as liñas que unían Vigo con outros puntos da ria. A frecuencia das viaxes (8 da mañá a 8 da tarde) a Cangas era cada hora, a Moaña cada duas e a San Adrián, A Regasenda e Domaio só había duas saídas ao día, habendo viaxes extraordinarias nos domingos, día no que tamén se facían excursións a Cies (2,5 pts.) ou á desembocadura do río Verduxo en cuxas marxes adoitaban merendar os pasaxeiros. Nestas datas tamén operaba unha barcaza motorizada, o Galicia (logo de Vapores) de José Pena que enlazaba Domaio con Rande e o Gamo, pesqueiro reconvertido que logo pasaría a Vapores (1922) e que xa aparece operando en 1912. En 1913 ainda atopamos ao vapor María cumprindo a misión de transportar aos fareiros e na supervisión e alimentación con acetileno dos faros e balizas ubicados na Ria.

Barco de Vapores na ruta Ferrol-A Coruña. |  Arquivo do autor

Botadura do María Luisa en 1922. / Arquivo do autor

No 1915 vai intentar a competencia o señor M. Cortegoso “Cepillos” co vapor Cantabria, (logo de Vapores) abrindo unha liña circular Meira-O Con-Cangas-Vigo. Outras empresas como a do vapor Maruja (a Vapores en 1948) cubrían rutas desde Domaio e San Adrián cara a Chapela e Redondela a onde os barcos ían cheos nos días de feira usando os peiraos da Regasenda ou do Cubillón. A este reto, Vapores replicaría coa incorporación do vapor Vigo (estaría en servizo ata 1950) a unha ruta diaria entre Vigo-Cesantes-San Adrián-Regasende-Domaio. Ata este ano e segundo a Geografía Postal de España, apúntase unha condución marítima diaria do correo de Vigo a Cangas, feita posiblemente no chamado balandro do ferrocarril.

Espectáculos e vapores 1926. |  Arquivo do autor

Vapores Moaña 1924. / Arquivo do autor

Vapores xa aspira ao monopolio

Segundo relatáramos noutro artigo (De Vapores e telecomunicacións. F. de V.), vai ser a finais de xuño de 1916 cando a empresa de Fábregas obtería a concesión do servizo do correo entre Cangas e Vigo, un paso importante para adquerir a exclusividade da liña. As excursións de fin de semana (sábados, domingos) e días festivos eran outra forma de manter a actividade dos barcos con rutas a Baiona ou á desembocadura do Verdugo que Vapores realizaba en 1916 co Vigo ao prezo de 4 pts. que incluían un bocadillo de xamón e parada en Cesantes. A pasaxe a Cangas, ao menos ata o ano 1917, custaba uns 10 cts. por traxecto nestes barcos mixtos, vellos vapores de pesca como o Ramoncito, o Carlos ou o Fernandito (a Vapores no 1923) de Lino Santadrán (liña Moaña, Domaio, San Adríán, Vigo), adaptados cunha dobre cuberta para pasaxe e mercadorías. Entre Domaio e Chapela tamén operaba no 1918 o Julia Gómez de F. Gómez que utilizaba inicialmente a vela para pasar logo ao motor. Pola falta de seguridade dos mesmos, prezos variables, incumprimento de horarios e falla de control das autoridades de Mariña, os usuarios de Cangas habían presentar unha protesta (habería máis noutros anos) en setembro de 1918, conminando a Vapores a mellorar o servizo e cumprir o regulamento. Vapores replicaría, dicindo que vai pór en servizo catro novos vapores que reúnen todas as condicións de hixiene, seguridade, comodidade e frecuencia de comunicacións e de acordo todos eles co novo Regulamento. Con estes vapores non só pretende reanudar as liñas de Domaio e San Adrián, iniciadas en 1915, senón que creará as de Meira, Con e Tirán, en combinacíón co vapor de Moaña.

Excursión a San Simón en 1920. |  Arquivo do autor

Denuncias usuarios. / Arquivo do autor

A comezos dos anos vinte xurdirían novas queixas polo incumprimento dos horarios, sendo moi protestada a retirada do barco das sete da mañá que obrigaba aos traballadores a madrugar para coller o das seis, cando ás veces ían dous vapores xuntos. Coa chegada dun novo comandante de Mariña vaise pór en vigor (21 de xullo de 1922) un Regulamento que recollía, ademáis de normas de seguranza, que os barcos de pasaxe só podían circular con cupo de pasaxeiros e cun horario prefixado polo que Vapores di que vai retirar da pasaxe o Carlos e o Julia Gómez nos que se mesturaban os pasaxeiros coas mercadorías, continuando cun horario anacrónico que provoca unha protesta do Concello de Cangas á Dirección de Transporte Marítimo.

Vapores Moaña 1924. |  Arquivo do autor

Barco de Vapores na ruta Ferrol-A Coruña. | / Arquivo do autor

Entón, esta empresa é obrigada a cumprir coas esixencias legais e pón en servizo en setembro novos vapores, “exclusivos para pasajeros”, como o Alegría, Vigo, Cantabria e o Maria Luisa, que antes se chamaba Liméns e que pertencera a Luis Rial. Mais a suba de prezos que aplica con este motivo, volvería a xerar malestar en Cangas coa resposta da empresa de retirar estes barcos novos, ainda que logo chegaría a un acordo co Concello cangués para implantar un billete económico. Ainda que Vapores anunciara a retirada de barcos como o Julia Gómez, este ainda operaba a principios de agosto de 1923, pois nesta data petou duas veces nos cons de Rodeira con gran susto da pasaxe, tendo que ficar varado logo no Berbés para revisalo e reparalo.

O vapor Vigo inauguraría o correo por mar a Cangas en 1916. |  Arquivo do autor

Espectáculos e vapores 1926. | / Arquivo do autor

Outro incidente con Vapores produciríase o domingo 14 de setembro de 1924 no vapor “Gamo” que retornaba de Cangas no domingo do Cristo ás nove da noite. Un grupo de mozos vigueses, cando foron sacar os billetes viron que lles cobraban 1 peseta cando na viaxe de vinda abonaran a metade (0,5 pts.) polo que comezaron a protestar, sumándose outros usuarios que subiron ao barco sen billete en demanda das explicacións do encargado. Supomos que estando no medio da ría e sen posibilidades de desembarcar, abonarían o excesivo importe, mais o acontecido trascendeu e a empresa xustificouse dicindo que era unha viaxe extraordinaria e nestes casos adoitaban subir os prezos polo incremento de custes. Este incremento viña sendo de 0,75 pts. mais ninguén se explicaba esta duplicación de custes, a non ser polo monopolio exercido por Vapores.

A evolución do transporte de ría (III)

Vapores pasaxe. / Arquivo do autor

Xa desde 1917 Vapores Fábregas comezara a expandirse a outras rías pondo un servizo de pasaxe entre a Pobra do Caramiñal e Palmeira que perduraría ata 1928. En 1923 e nos meses de verán tamén poría en servizo o vapor Caramiñal entre a Coruña e Ferrol, experiencia que se prolongaría ao menos ata 1927. Nestes lugares tamén atoparía forte resistencia aos seus intentos de monopolizar as rutas de transporte.

(*) Mestre e investigador

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents