Teatro | Dani Blanco Actor e clown

“No teatro do absurdo conviven a miseria e comedia”

De esquerda á dereita: Arturo Cobas, Antón Concheiro e Dani Blanco.

De esquerda á dereita: Arturo Cobas, Antón Concheiro e Dani Blanco. / Chuchi Guerra

Mañán sábado o Auditorio de Cangas convertirase en «Absurdia», unha especie paisaxe desolada que ben podería ser calquera sitio. Trátase da nova montaxe na que participa o intérprete cangués Dani Blanco xunto a Arturo Cobas e Antón Concheiro e baixo a dirección de Walter Velázquez e o propio Concheiro. O espectáculo vén de colleitar un importante éxito no Festival Iberoamericano de Teatro Improvisado e agora preséntase en Cangas, mañán sábado ás 20.00 horas.

-Este espectáculo xa pasou por varios escenarios. Como senta poder estrealo na «casa», en Cangas.

hCon moita felicidade e a vez responsaiblidade de que saia ben. É un espectáculo que disfrutamos moito de facer. E cando un fai algo que lle gusta moito, quere compartilo, e mostrar un teatro que poucas veces chega aos auditorios

-A estrea foi o ano pasado en Valladolid e a principios deste mes formou parte do Festival Iberoamericano de Teatro Improvisado celebrado na República Dominicana, onde gañaron o premio ao mellor espectáculo. Como acollen esa distinción?

-Con moita alegría porque presentábanse espectáculos de seis países distintos. Sempre que un traballa nunha proposta quere que funcione e guste. Os premios son recoñecementos para saber que vas polo bo camiño

-Que clase de lugar é Absurdia, a paisaxe na que parece desenvolverse esta historia con tres protagonistas?

-Absurdia é un lugar que vai decidir o público. É un espectáculo interactivo onde a xente vai decidir onde comeza a obra. Tres personaxes nun lugar atemporal, que mañán sábado se decidirá, e onde conviven entre a miseria e a comedia. Porque o teatro do absurdo é ese lugar común a ambos: onde te podes rir da miseria, o lugar onde habitan os bufóns.

Un momento dunha representación de "Absurdia", co cangués Dani Blanco.

Un momento dunha representación de "Absurdia", co cangués Dani Blanco. / Cedida

-Supoño que o nome ten moito que ver co teatro do absurdo e a improvisación?

-É un espectáculo improvisado. Cando se fala de improvisación teatral hai xente que pensa que é non preparar, dicir calquera cousa... En definitiva, non ensaiar ou non ter traballado o espectáculo. E ao contrario: non sabemos o contido do espectáculo, non sabemos que vai pasar... pero para que aínda así funcione sempre, que a xente saia rindo e desfrutando da historia necesita moito ensaio. Non é un ensaio de texto, senón que parte da escoita, do ritmo e doutros factores moi importantes. O que si sabemos seguro é que a obra funciona moi ben co público. Se te sorprendes a ti mesmo, vas sorprender os demais.

-Pódese entender ese lugar chamado Absurdia como un reflexo de calquera dos espazos nos que a realidade cotiá e o noso día a día nos encerra?

-Pois si. Moi bo plantexamento. Porque o final todos os espazos teñen unha parte absurda, igual que moitas das situacións que vivimos. Moitas veces as temos tan transitadas, que pasan desapercibidas para nós. Nós o que facemos e esaxeralas e poñelas diante do público para que as perciban tamén. Ver «Absurdia» e ver tamén unha parte do noso absurdo interior e do absurdo do mundo no que vivimos

-Amais de autor, actor, clown... é profe de Matemáticas. O humor e o teatro axudan a facer as «mates» máis comprensibles e cercanas ao alumnado ou non hai nada que poda con elas?

A improvisación é unha ferramenta moi potente na vida en xeral e tamén como profe. As dúas consignas básicas son aceptar as propostas dos demais e aprender a escoitar. A min serviume moítismo cando daba clases. Se o alumnado se sinte escoitado, escoitate a ti. Ademais na improvisación e no clown non hai erro. Os erros son agasallos para seguir adiante. Eu tento transmitir o mesmo: sen erro non hai aprendizaxe. Temos moi metido no corpo que errar é algo malo, pero gracias ao erro e se escoitamos, imos aprender moito máis que do éxito.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents