Fecimo apúntase ao weltanschaung
A federación de comerciantes do Morrazo lanza unha nova campaña de dinamización comercial para atraer ao público xoven
Alude a unha forma de concebir o mundo e a vida e resistencia ante as grandes plataformas
Sorteará 1.200 euros en premios

O cartel da nova campaña de Fecimo. / Fecimo
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) lanza a partir do luns unha nova campaña baixo o lema de “Sinte o weltanschaung do comercio local!”. E por moi rara que pareza esta palabra, case impronunciable, o certo é que está recollida no diccionario da Real Academia Galega (RAG) e alude a una filosofía ou forma de concibir o mundo e a vida. E a iso apela precisamente Fecimo, que fai unha chamada a valorar a diversidade de produtos e servizos ofrecidos polos negocios locais de proximidade, que “engaden autenticidade e personalidade á experiencia de compra”.
Esta nova campaña sorteará 1.200 euros en premios en formato de tarxeta regalo para gastar no comercio local adherido a Fecimo en Cangas, Moaña e Bueu. Cada vez que os clientes realicen un consumo superior a 10 euros nalgún dos establecementos participantes nesta campaña, entre o 23 de setembro e o 13 de outubro, recibirán unha tarxeta cun código alfanuméricoi que deberán rexistrar na web comerciodomorrazo.com para poder optar a algún dos premios inmediatos.Desde a federación queren achegarse ao público en xeral, pero moi especialmente aos máis novos porque son os que amosan “máis desafección co comercio local”. O obxectivo é xerar un aumento no sentido de pertenza entre a mocidade e o seu tecido comercial de proximidade.

A imaxe completa do cartel de Fecimo e a súa campaña "Sinte o weltanschaung do comercio local!". / Fecimo
Desde Fecimo queren que esta nova campaña vaia máis alá da mera dinamización comercial e aspiran a que sexa unha “mensaxe poderosa” coa que defender e celebrar a identidade a través do comercio local. Así, a cartelería é unha clara referencia ás historias de Asterix e Obelix e a resistencia da pequena aldea gala contra o Imperio Romano. Neste caso trátase da resistencia do comercio local fronte ás grandes superficies e xigantes electrónicos. “Así como os galos defendían a súa identidade e territorio cunha apócema segreda, os comerciantes locaiis e os seus clientes empregan o weltanschaung como a súa apócema máxica para enfrointar os desafíos dun mercado dominado por poderosos competidores”, argumentan desde Fecimo.
Así, este weltanschaung quere converterse nun símbolo da identidade local e da comunidade que “defende os seus valores e tradicións fronte á homoxeneización e o anonimato que a miúdo caracterizan ás grandes superficies e plataformas electrónicas”.
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- El Concello de Cangas achaca la contaminación en la playa de Menduíña a la acumulación de grasa en el bombeo y revisa las arquetas en busca de algún vertido ilegal
- El PP pide responsabilidades al gobierno local por los vertidos en las playas y el «caos en el balizamiento»
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido
- El olímpico Carlos Pérez y un compañero del Club de Mar Ría de Aldán socorren a dos accidentados cuando iban a competir en Asturias
- Mas de 50 personas en la primera visita guiada al Pazo de Santa Cruz
- Un camión de 30.000 kilos destroza la acera de la calle Pérez Prado de Moaña
- Ney lleva seis años esperando una familia en la Protectora do Morrazo